Sobreseída provisionalmente a investigación sobre Diana Quer ao non haber sospeitosos

A resolución xudicial aclara que é "necesaria a continuación da investigación da Policía xudicial"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2017 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O titular do Xulgado de Instrución número 1 de Ribeira (A Coruña) decretou o sobresemento provisional da causa que se segue pola desaparición da moza madrileña Diana Quer, da que se perdeu a pista no mes de agosto do ano pasado.

Diana Quer, nunha imaxe das súas redes sociais.
Diana Quer, nunha imaxe das súas redes sociais.

Segundo informan desde o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o xuíz tomou esta decisión dado que, polo momento, "non existen indicios" para dirixir o caso "fronte a algunha persoa determinada", aínda que aclara que "é necesaria a continuación da investigación da Policía xudicial", xa que se atopan abertas varias liñas de traballo, e lembra que no caso de aparecer novos elementos, acordaríase a reapertura do proceso penal.

O maxistrado decidiu tamén alzar o segredo das actuacións. Entende que non cabe prorrogar esta medida, inicialmente acordada en agosto de 2016, xa que a considera "desproporcionada" unha vez que o resultado das escoitas practicadas foi incorporado á causa. Con todo, lémbrase no auto que esta decisión se toma "sen prexuízo do que do curso da investigación poida derivarse, podendo acordarse de novo o segredo de parte ou da totalidade das actuacións en caso de resultar necesario".

Os pais de Diana Quer acudiron este mércores persoalmente aos xulgados de Ribeira para reunirse co maxistrado, que lles explicou os motivos desta decisión, así como a súa intención de levantar o segredo de sumario que ata agora pesaba sobre as actuacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta