Ferrol abre o calendario das feiras do libro na provincia, que completarán 4 citas noutras tantas localidades

A Praza da Constitución de Ferrol acolle desde este mércores, día 19 de abril, a primeira das feiras do libro na provincia da Coruña, un evento que organiza a Federación de Libreiros en 16 localidades galegas entre os meses de abril e de agosto.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2017 | Actualizada ás 20:12 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Praza da Constitución de Ferrol acolle desde este mércores, día 19 de abril, a primeira das feiras do libro na provincia da Coruña, un evento que organiza a Federación de Libreiros en 16 localidades galegas entre os meses de abril e de agosto.

Deste xeito, ata o próximo día 23, o cantón de Molíns será o escaparate das últimas novidades editoriais, xunto con actividades de dinamización da lectura e de difusión do sector do libro.

Na apertura do evento, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, sinalou que "o libro non é só un vehículo de promoción de valores e coñecementos, senón tamén fonte de ingresos e obra de creadores protexidos polos dereitos de autor".

"Nun país cunha lingua propia que temos o deber de protexer, a industria do libro cobra especial importancia como mediadora na difusión da nosa cultura, polo que unha editorial ou unha libraría produce para a nosa sociedade moito máis do que demostra a súa conta de resultados", manifestou.

A Feira do Libro de Ferrol, que contará con actividades de dinamización cultural ou animación da lectura, arrincou cun pregón a cargo do escritor local Antonio Yáñez.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta