Pintan coas cores da bandeira republicana o busto de Fraga en Vilalba

A Garda Civil non descarta que este novo ataque estea vinculado con outro que sufría a estatua a principios do pasado mes de marzo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2017 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

O busto do ex-presidente da Xunta Manuel Fraga, situado na praza maior de Vilalba, rexistrou outro ataque na madrugada deste xoves, ao ser pintado coas cores da bandeira republicana. A Garda Civil informou que os feitos se produciron "durante a noite do 19 ao 20" de abril e ás 9,00 horas deste xoves a Policía Local de Vilalba puxo os feitos en coñecemento da Benemérita.

O busto de Fraga en Vilalba, pintado coas cores da bandeira republicana
O busto de Fraga en Vilalba, pintado coas cores da bandeira republicana | Fonte: Europa Press.

Estas mesmas fontes sinalaron que o busto "non sufriu danos", á vez que por parte do Concello se comunicou que se procederá á súa "limpeza". A Garda Civil non descarta que este novo ataque estea vinculado con outro que sufría a estatua a principios do pasado mes de marzo.

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, puxo de relevo que estes actos vandálicos son "reincidentes". "Non hai moito tempo que ocorría algo similar e ocorreu noutras ocasións", manifestou.

Ao seu xuízo os ataques "non son xustos, porque non debe molestar a ninguén, polo moito que leva representado para Vilalba, Galicia e o conxunto de España" a figura do ex-presidente da Xunta.

"VANDALISMO"

O alcalde da localidade, Agustín Baamonde lamentou a "tendencia" a substituír o debate de ideas e a confrontación "dialéctica polo vandalismo". Á súa vez, aproveitou para advertir que o concello non retirará o busto de Fraga.

Baamonde fixo especial fincapé en que este tipo de accións son "a antesala" doutras "máis graves", para parafrasear ao científico Albert Einstein cando dicía: "Non sei como será a terceira guerra mundial, só sei que a cuarta será con pedras e lanzas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

2 Brunito

Farrapo de bandeira: O outro par vo de sempre

1 farrapo de bandeir

Sorte ten Galicia con xente tan ben lista coma ti.

1 undecompostela

supoño que será española non?

1 Brunito

O par vo de sempre

2 antiburros

undecompostela: Este tamén era un republicano español : http://www.publico.es/politica/54-a...

3 Farrapo de bandeira

A bandeira que lle pintaron a Fraga é unha das moitas que houbo en España, pra uns millor pra outros pior (o seu significado) pero española, que non é nin millor nin pior (cando menos pra min). Dito o cal, eu que agardo unha Galicia ceibe, non me sinto representado por ningunha das moitas bandeiras que deu España.