140 hectáreas queimadas en tres lumes aínda activos

Os incendios forestais declarados nos municipios coruñeses de Boiro e Negreira están controlados tras queimar unhas 60 e 80 hectáreas, respectivamente, segundo informou a Consellería do Medio Rural. Pola súa banda, permanece activo o rexistrado no municipio coruñés das Pontes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2017 | Actualizada ás 15:40

Comparte esta noticia

Os incendios forestais declarados nos municipios coruñeses de Boiro e Negreira están controlados tras queimar unhas 60 e 80 hectáreas, respectivamente, segundo informou a Consellería do Medio Rural. Pola súa banda, permanece activo o rexistrado no municipio coruñés das Pontes.

Axentes medioambientais mobilizados para controlar os incendios en Negreira, Boiro e As Pontes
Axentes medioambientais mobilizados para controlar os incendios en Negreira, Boiro e As Pontes | Fonte: @UGTForestaisGZ .

O lume forestal declarado na parroquia de Cures no municipio coruñés de Boiro comezou ás 2,00 horas deste xoves e está controlado.

Segundo as estimacións provisionais, a superficie afectada é de 60 hectáreas de monte raso. Na súa extinción participan nove axentes, cinco brigadas, catro motobombas e dúas pas.

Mentres, ás 22,36 horas do mércores iniciouse un incendio na parroquia de Negreira do municipio homónimo, que está tamén controlado e afecta a unha superficie provisional de 80 hectáreas. Nos labores de extinción traballan 10 axentes, 15 brigadas, seis motobombas e dúas pas.

ACTIVO

Pola súa banda, permanece activo un incendio forestal activo desde as 6,10 horas deste xoves na parroquia de Deveso no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez.

Este incendio forestal afecta a unha superficie provisional de 20 hectáreas. Nos traballos de control participan catro axentes, seis brigadas e catro motobombas, dous helicópteros e un avión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta