Temas: DEREITOS

Máis de 60 colectivos súmanse á columna galega das Marchas da Dignidade a Madrid

Volverán reclamar "pan, traballo, teito e igualdade" o próximo 27 de maio, nas rúas da capital de España.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2017 | Actualizada ás 16:59

Comparte esta noticia

Máis de 60 colectivos do ámbito social, político, sindical, cultural e xuvenil sumáronse á columna galega das Marchas da Dignidade, que volverán reclamar o próximo 27 de maio nas rúas de Madrid "pan, traballo, teito e igualdade".

Columna galega das Marchas da Dignidade
Columna galega das Marchas da Dignidade | Fonte: Europa Press

Este luns, na compostelá Praza do Obradoiro, varios representantes dalgúns dos colectivos que forman a columna galega presentaron a súa participación na marcha, que culminará a finais de maio en Madrid. Alí confluirán as diferentes columnas chegadas desde todas as comunidades autónomas para revivir a manifestación realizada en 2014, que este ano inclúe no seu lema a reivindicación de "igualdade" para as mulleres ante a "problemática feminicida" en España.

Así o salientou este luns uno dos portavoces da columna galega, Manolo Caamaño, quen indicou que as "secuelas do capitalismo" deben "enfrontarse na rúa" nun "momento fundamental" no que "se están repetindo eses parámetros" que "obrigaron en 2014 a saír ás rúas de Madrid".

"Desgraciadamente, os procesos electorais que paralizaron a rúa non resolveron os problemas terminais que abaten aos pobos do Estado español", manifestou.

MANIFESTACIÓN "MASIVA"

Así, augurou que a manifestación será "masiva", á vez que mostrou a súa confianza en que o "efecto chamada" das columnas na súa viaxe á capital española arrastren a máis xente ás rúas de Madrid.

Con todo, o portavoz expresou que "a tanxibilidade dos logros" deste tipo de mobilizacións "non está na inmediatez" senón "a longo prazo".

Así mesmo, indicou que os partidos políticos que queiran sumarse "terán que dar pasos" se entenden "que representan os intereses da maioría social". "O noso papel está única e exclusivamente nas rúas, non nas institucións", apostilou.

Temas: DEREITOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta