A Xunta asegura que "o repunte" de lumes desta primavera "non é excepcional"

Garante que está preparada para actuar cun operativo dunhas 3.000 persoas

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2017 | Actualizada ás 20:33 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural asegura que "o repunte" de incendios desta primavera "non é excepcional", xa que foi algo "habitual" nos meses de marzo e abril dos últimos anos, aínda que "este incremento da incidencia dos lumes están a verse favorecido polas condicións meteorolóxicas adversas".

Incendio forestal
Incendio forestal | Fonte: Europa Press

Así o trasladaron fontes de Medio Rural a Europa Press, que remarcan que Galicia "está preparada para actuar en caso de ser necesario" cun operativo contra o lume de 3.000 persoas, que sinala é o habitual en período de risco medio como o actual --chega a 7.000 persoas no verán--.

A estes medios únense un total de 10 helicópteros e máis de 260 motobombas, así como o reforzo do Ministerio de Agricultura en caso de ser necesario, expón.

Nas últimas semanas producíronse diversos incendios, boa parte deles concentrados na provincia de Ourense, e a Xunta remarca a influencia que tivo o "tempo seco, asollado e con incidencia de vento". Ante isto xa se prohibiron as queimas desde hai días.

Con todo, Medio Rural sostén que a media de lumes da última década en Galicia está ao redor das 3.500 hectáreas entre o 1 de xaneiro e o 19 de abril, mentres que as cifras provisionais que se estiman no que vai de 2017 "están bastante lonxe destes rexistros".

Así mesmo, este departamento incide en que "o monte non arde só" e "a maioría" destes incendios "son provocados intencionadamente", polo que apela á colaboración cidadá para "localizar" a incendiarios.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta