Permanecen activos tres incendios forestais en Narón, As Pontes e Abegondo, que afectan a unhas 160 hectáreas

Tres incendios forestais permanecen activos nos municipios coruñeses de Narón, As Pontes e Abegondo, cunha superficie afectada total que ascende ás 160 hectáreas, segundo informou a Consellería do Medio Rural.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2017 | Actualizada ás 21:34 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Tres incendios forestais permanecen activos nos municipios coruñeses de Narón, As Pontes e Abegondo, cunha superficie afectada total que ascende ás 160 hectáreas, segundo informou a Consellería do Medio Rural.

En primeiro lugar, continua activo o lume rexistrado ás 9,49 horas deste xoves na parroquia de Val do municipio de Narón, que afecta a unha superficie aproximada de 120 hectáreas. No seu control participan catro axentes, seis brigadas, catro motobombas, unha pa e cinco helicópteros.

Tamén permanece activo o incendio declarado ás 6,10 horas na parroquia de Deveso das Pontes de García Rodríguez e que afecta a unhas 20 hectáreas, segundo as primeiras estimacións provisionais. Nos labores de extinción traballan catro axentes, seis brigadas, catro motobombas, dous helicópteros e un avión.

Pola súa banda, continúa activo outro lume declarado ás 17,49 horas deste xoves na parroquia de Vizoño de Abegondo e que afecta a unhas 20 hectáreas. No seu control participan tres axentes, dúas brigadas, dúas motobombas e un helicóptero.

CONTROLADOS E EXTINGUIDOS

Ademais, desde as 13,15 horas, permanece controlado o incendio forestal que empezou o mércores ás 22,30 horas en Negreira. Segundo as estimacións provisionais, a superficie afectada é de 131 hectáreas, das cales 101 son de monte raso. Na súa extinción participan 11 axentes, 16 brigadas, seis motobombas e dúas pas.

Por último, ás 19,35 horas deste xoves quedou extinguido o lume declarado ás 2,00 horas esta madrugada en Boiro, parroquia de Cures. As novas estimacións cifran a superficie afectada en 120 hectáreas, todas de monte raso. Na súa extinción participaron nove axentes, seis brigadas, sete motobombas e dúas pas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta