Temas: PPDEG

No PP da Coruña só pagan cuota o 15% dos afiliados

Escribano, o candidato independente, teima en levar aos xulgados as normas do Congreso local. A conselleira Beatriz Mato parte como favorita, dado que ten o apoio de todo o aparato do partido.

Por E.P. | A CORUÑA | 21/04/2017 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

O exdiputado autonómico Javier Escribano, que opta a presidir o PP local da Coruña xunto á conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, presentou un escrito este venres, neste caso no xulgado decano, pedindo a suspensión cautelar do congreso local, previsto para este venres.

Escribano no patio do Parlamento de Galicia
Escribano no patio do Parlamento de Galicia

Faino, segundo informou a Europa Press, despois de que o xulgado de garda, ante o que presentou un escrito este xoves coa mesma petición, de declarase incompetente e se remitise ao xuíz decano.

Escribano recoñeceu que se alega tamén que tivo tempo suficiente para presentar a súa petición, pero argumentou que, se non o puido facer antes foi por "esgotar" as canles internas do partido antes de acudir á vía xudicial.

"Queren deixarme no limbo xudicial", lamentou o exdiputado autonómico sobre a primeira decisión do xulgado de garda, aínda que confiando en que agora o decano sexa favorable á súa pretensión.

SUPOSTAS IRREGULARIDADES

Escribano alega que se produciron "irregularidades continuas" ao longo do proceso de convocatoria do congreso. Entre outras cuestións, criticou que primeiro se esixisen 350 avais para ser candidato e logo se cambiasen as normas.

Chío de Javier Escribano
Chío de Javier Escribano | Fonte: Libertad Popular

"A catro días do congreso dise que só poderán participar avalando e votando os militantes que estean ao día das cotas de pago". "Iso non foi necesario en ningún congreso", apostilou, tras o que cualificou de "antidemocráticas" este tipo de medidas.

Nun chío nas redes sociais Escribano escribiu que "me acaban de informa que a día de hoy únicamente hay 671 de 4.6000 afiliados (15% del total) con la cual al día en el Pp de A Coruña". 

Temas: PPDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta