O director de Caixa Galicia, acusado de estafa na Audiencia Nacional

A CIG anunciou hoxe que presentou unha demanda na Audiencia Nacional contra José Luís Méndez. O sindicato nacionalista busca así que o director xeral de Caixa Galicia acabe no cárcere, onde xa está boa parte da directiva de Caixanova.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 21/04/2017 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

O principal argumento da central é que na sentencia que condenou aos directivos de Novagalicia a Xustiza declara probado que Caixa Galicia era insolvente en 2009. Malia isto, Méndez xubilouse posteriormente levándose 18 millóns. Méndez evitou até o de agora a accións xudiciais sobre a súa indeminización co argumento de que foi establecida antes da fusión e non moidificada a posteriori, dado que non se incorporou ao equipo da nova entidade, Novacaixagalicia.

José Luís Méndez, ex director de Caixa Galicia, na Comisión de Investigación sobre as preferentes no Parlamento de Galicia
José Luís Méndez, ex director de Caixa Galicia, na Comisión de Investigación sobre as preferentes no Parlamento de Galicia | Fonte: TVG

ERAN REAIS AS CONTAS DE CAIXA GALICIA?

Con todo, a CIG acusa a Méndez e Mauro Varela, expresidente de Caixa Galicia,  de “administración deseleal, estafa e falsedade de contas”. O Banco de España, na súa inspección de 2009, estimaba unhas pérdidas de máis de 1.270 millóns para os vindeiros anos. Malia isto, o equipo de Méndez declarou un beneficio de 91 millóns de euros ese ano.

Suso Seixo explicou esta mañá en rolda de prensa os detalles da denuncia. O secretario xeral da CIG destacou que até hoxe Méndez zafara de todos os preitos inciados tras o desfarelamento das caixas. “Dá a impresión que en torno a persoa do señor Méndez debe haber moitos intereses ocultos e debe haber moito poder”, declarou o sindicalista.

Como explicou GC en varias informacións, Méndez segue a facer negocios con algúns dos empresarios máis importantes de Galicia. Por exemplo, comparte asento no Consello de Administración de Reganosa con representantes da xunta e do Grupo Tojeiro.  Ademais, acaba de ser nomeado conselleiro dunha comercializadora de enerxía coimpulsada, entre outros, por Elnosa, Alcoa, Ferroatlántica e Megasa. 

Feijóo celebra a fusión das caixas canda Gayoso e Varela, dous dos directivos que levaron as millonarias indemnizacións
Feijóo celebra a fusión das caixas canda Gayoso e Varela, dous dos directivos que levaron as millonarias indemnizacións

Na vertente política, Seixo acusou ao PP de paralizar o traballo da Comisión de Investigación sobre as caixas no Parlamento de Galicia. Méndez compareceu nela pero hai tres anos que botou a andar e aínda non fixo as súas conclusións. Non foi até esta primavera que o PP admitiu incoporar documentación sobre a indemnización de Méndez e varias operacións inmobiliarias de Caixa Galicia coa súa familia.

O sindicalista Seixo cualificou de morna a actitude da fiscalía sobre a actuación deste directivo, quen no seu día fora un dos homes máis poderosos do país.

Méndez, primeiro pola esquerda e Varla, cuarto, con Feijóo e directivos de Caixanova celebrando a fusión.
Méndez, primeiro pola esquerda e Varla, cuarto, con Feijóo e directivos de Caixanova celebrando a fusión.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 Gamela

En memoria aos Guerreiros do Sol https://flic.kr/p/nDusb4

5 Fraguío

E os da CIG-UPG que asistían ós Consellos de Administración van devolver os miles de euros que cobraron?

1 Espiñento asunto

Ah pero había algun da CIG? Para empezar foron os que denunciaron ti mentres caladiño

4 Reviravolta

Non remexades moito. A ver se van saír as relacións Méndez-Beiras e de outros persoeiros mareantes? Un é que se trata diso?

1 Eu mesmo

A este non lle deu aulas de economía, a algunha outra sí lle deu pasantía no seu domicilio particular. Eso sí, a señora sempre foi de comportamento intachable.

3 molezun

Y moreda de asesor de la Valedora do pobo. Que pais!

2 mmUx

E os do consello de administración? Esos non, carallo, q son políticos e sindicalistas. Teñen boa kona os da ciga

1 Sempre CIG

A ver meu se a CIG dende o principio non estaba dacordo e denunciou todas as irregularidades das caixas, tiñan que estar caladiños estes da CIG-UPG e non facer nada coma CC.OO e UGT e de paso trincar coma todos.