Pontón insta a Feijóo a pechar "a carpeta" das intencións de venda do grupo Villar Mir en Galicia

Logo da detención do xenro do empresario madrileño por pagar supostamente comisións a Ignacio González

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2017 | Actualizada ás 19:03 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A portavoz nacional de BNG, Ana Pontón, instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a pechar "a carpeta" das intencións de venda do grupo Villar Mir en Galicia trala detención do xenro deste empresario, Javier López Madrid, por pagar, supostamente, comisións ao expresidente da Comunidade de Madrid Ignacio González.

La portavoz nacional del BNG, Ana Pontón, en Ferrol
La portavoz nacional del BNG, Ana Pontón, en Ferrol | Fonte: Europa Press

"Peche a carpeta das decisións tan importantes que ten sobre a súa mesa, que lle afectan ao futuro de Galicia, e que teñen que ver con intereses espurios, como é o intento de Villar Mir da venda ilegal das centrais hidroeléctricas do Río Xallas, e diga alto e claro que estas centrais non se venden", pediulle a Feijóo a líder do Bloque.

E é que, segundo deixou claro a dirixente nacionalista, "Galicia non está para pagar as mordidas do PP e os favores que lle deba Villar Mir ao PP ou o Partido Popular a Villar Mir".

Ana Pontón pronunciouse deste xeito na estación de ferrocarril de Ferrol, onde demandou investimentos para poder acometer melloras nas infraestruturas ferroviarias de conexión con esta cidade.

"Pedímoslle ao presidente Feijóo que non xogue con centos de postos de traballo do noso país, que peche esa carpeta e que diga que as centrais do Xallas e de Ferroatlántica non se van pechar, xa que para o que non está este país é para ser moeda de cambio para pagar o financiamento ilegal do Partido Popular".

Ana Pontón censurou esta "nova trama de corrupción" e de "financiamento ilegal" tras coñecerse o xoves que as autoridades investigan "ao grupo Villar Mir polo financiamento ilegal do PP" e despois de que transcendese a detención do xenro do empresario, que é conselleiro da constructora OHL.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta