Pérez Canal presenta a súa candidatura para a Confederación de Empresarios de Ourense

José Manuel Pérez Canal presentou este venres a súa candidatura á reelección como presidente da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), unha lista que definiu como "solvente, equilibrada, representativa e ambiciosa" para facer fronte "ao reto de dirixir a CEO no próximos catro anos.

OURENSE | 21/04/2017 | Actualizada ás 21:12 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

José Manuel Pérez Canal presentou este venres a súa candidatura á reelección como presidente da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), unha lista que definiu como "solvente, equilibrada, representativa e ambiciosa" para facer fronte "ao reto de dirixir a CEO no próximos catro anos.

Pérez Canal mostrouse disposto a traballar para mellorar as condicións das empresas asociadas e do empresariado da provincia en xeral, achegando o seu "gran de area" para "contribuír a liquidar os problemas e retos pendentes da sociedade ourensá".

A candidatura, que definiu como resultado do equilibrio entre integración e confianza, está encabezada polo propio José Manuel Pérez Canal e integrada por Alejandro Cruz Iglesias, José Manuel Díaz Barreiros, Marisol Nóvoa González e Manuel Maneiro López como vicepresidentes; tesoureiro, Juan Manuel Piñeiro Rivas.

Ademais, como contadora, Rosa María Sánchez Gándara; vogais, Eligio Neto Lamas, Beatriz Gómez Valcárcel, Eduardo Cid Fernández, María del Carmen Rodríguez González, Antonio Dieter Moure, Manuel Carballeda Ramos, Severino González Álvarez, Vicente Vázquez Agromayor, Benito Iglesias Padrón e Manuel González García.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta