Marco legal e desenvolvemento económico

As diferencias de competitividade entre paises explicanse, entre outras cousas, polas diferencias de funcionamento dos respectivos marcos legais, que facilitan ou dificultan, segundo os casos, que se fomente ou se free a actividade económica.

Por Carlos Vázquez Padín | Tui | 11/03/2010

Comparte esta noticia

Na economia de mercado é a empresa a que xera riqueza, é portanto imprescindible facilitar o marco lexislativo que permita que a empresa xere máis riqueza para os seus propietarios e para toda a sociedade, quen só pensa na distribución da riqueza esquece que para poder repartir algo primeiro hai que crealo, creo que hai que por o acento na creación de riqueza. O nivel de vida dun obreiro europeo de hoxe é moi superior ao dun rei de hai douscentos anos e o mérito diso, só se lle pode atribuir aos incentivos que crea unha economía de mercado competitiva.

Nesa creación de riqueza os autónomos, as pequenas e medianas empresas xogan un papel crucial, sen embargo ninguén politicamente en Galicia ou España se preocupa da defensa dun marco legal que facilite o desenvolvemento da sua actividade, poñamos un exemplo dos que indican ben ás claras a enorme distancia que ainda nos afasta dos paises punteiros da Europa neste aspecto, A Directiva 2000/35/EC de morosidade (“late payments”) é unha das directivas máis importantes aprobadas na UE en materia de lexislación económica e que en medio dunha grave crise financeira tense revelado como clave para que moitos estados europeos entre os que non está o español, teñan comezado a sair da crise.

Esta directiva establece que as facturas xa sexan de administracións a empresas ou de empresas a empresas debense pagar a 30 días. A maior parte dos paises europeos xa ten trasladado con literalidade esta directiva ás suas lexislacións nacionais, xa que as directivas son normas marco que emanan dos organos da UE e que despois, deben ser adaptadas nos distintos paises membros, en España, sen embargo, feita a lei, feita a trampa.

A lei 3/2004, de 29 de decembro, establece que “se pagarà a 30 días, salvo acuerdo entre las partes”. Así as grandes construtoras cando subcontratan obra pública ás pequenas e medianas empresas fornecedoras “consiguen o acordo” de pagar a 210 días, algo semellante á prática das grandes empresas da distribución que asfixian á industria agroalimentaria e conserveira galega, nen que dicir ten que coa actual dificultade de acceso ao crédito por parte de PEMES e de autónomos a situación é insoportable, sen embargo ao PSOE e ao PP preocupanlle máis os intereses das grandes empresas que pagan a campaña “esto sólo lo arreglamos entre todos”. Como poden competir as empresas galegas en Europa con ese diferencial de necesidade de financiamento brutal sobre os seus ombros?

A do mercado laboral é outra regulación ineficiente que causa pobreza na nosa sociedade e que dificulta a competitividade das nosas empresas e nomeadamente a creación de emprego estable e de calidade, o actual marco lexislativo laboral fai que a taxa de temporalidade, referida ao número de empregados con empregos temporais en España, sexa a máis elevada da OCDE, e a taxa de desemprego máis que duplique a media da Unión Europea, ao tempo que a minoria privilexiada cun emprego fixo ten os dereitos de indemnización máis altos da UE. É dificilmente discutible que a rixidez da lexislación laboral española é a causante deste problema, o que non é certo que isto lle preocupe aos sindicatos, que si están preocupados polos traballadores sindicados e defenden os seus privilexios e sobre todo os dos liberados sindicais, pero que non están en absoluto preocupados cos desempregados e cos traballadores temporais. Esta análise que fago non ten nada de orixinal, é compartida por todos os organismos económicos internacionais que chaman constantemente a atención sobre a terrorífica rixidez do mercado laboral español, arrepiame a hipocrisia de Zapatero, que se se sentise responsable de todos e cada un dos desempregados que hai en España, como dixo o outro día, tomaría medidas neste sentido, pero o que lle preocupa en realidade é ter contentes aos sindicatos como un dos grupos privilexiados, xunto ás grandes empresas, que o sosteñen no poder, por iso lles subíu a subvención un 50%.

Creo que é necesaria a simplificación da lexislación laboral, suprimir as ETT’s, suprimir os diversos tipos de contrato lixo e baixar significativamente as indemnizacións por despedimento, desta maneira convertiriamos un mercado dual, con parias (desempregados e temporais) e con privilexiados (fixos), nun mercado laboral máis xusto e equilibrado, e con menor taxa de temporalidade e de desemprego, o que aumentaria a produtividade e os salarios, quer via produtividade quer via escasez de traballadores, animando aos empresarios a pagar soldos máis elevados e a facelo de forma sostible e beneficiosa para empresario e traballador, ao estar estes aumentos salariais vinculados á produtividade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA