O día que os eucaliptos invadiron a Praza do Obradoiro

Os ecoloxistas enchen de pólas desta árbore a praza compostelá para denunciar a eucaliptización de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/04/2017 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

A Praza do Obradoiro converteuse hoxe nun bosque de eucaliptos. Ecoloxistas de todo o país concentráronse con motivo do Día da Terra para denunciar a eucaliptización de Galicia. Nun acto organizado por todos os colectivos e persoas que conforman o movemento Cousa de Raíces —integrada por máis de 60 organizacións— xunto coa Asemblea contra a eucaliptización de Compostela, os participantes encheron a praza cunha plantación simulada de eucaliptos, distribuíndo pólas desta árbore por todo o espazo empedrado.

Plantación simbólica de eucaliptosno Obradoiro para protestar contra a invasión desta especie en Galicia
Plantación simbólica de eucaliptosno Obradoiro para protestar contra a invasión desta especie en Galicia | Fonte: Galicia Confidencial.

Ademais, na concentración participaron representantes políticos como os concelleiros do goberno local de Santiago Jorge Duarte e Xan Duro, o portavoz municipal do BNG, Rubén Cela, e os deputados nacionalistas Luís Bará e Ana Miranda, así como os parlamentarios de En Marea Marcos Cal e Ángela Rodríguez.

Esta plantación simbólica da Praza do Obradoiro busca "promover a reflexión sobre o desleixo que os nosos montes e agras están a sufrir fronte as plantacións masivas de eucaliptos, moitas delas ilegais, sen que a Administración faga nada por frealas", denuncian os convocantes, que reúnen a máis de 30 colectivos diferentes.

No acto tamén se denunciou "a destrución do patrimonio natural e cultural que está a provocar o monocultivo forestal desta especie invasora no noso territorio".

A acción deste sábado forma parte do programa de accións que vai levar a cabo a nova plataforma galega contra a eucaliptización de Galicia. Os distintos colectivos asociados nesta gran plataforma acordaron avanzar na concreción dun marco normativo “que dea cobertura ás alternativas existentes ao desenvolvementos do monte imperante” e reclamar “cambios oportunos”, tanto á Administración autonómica como ás locais.  Ademais, acordouse crear un grupo de traballo para a coordinación e impulso dunha axenda de actividades. 

Os ecoloxistas enchen de eucaliptos a Praza do Obradoiro para protestar contra a plantación masiva desta especie en Galicia
Os ecoloxistas enchen de eucaliptos a Praza do Obradoiro para protestar contra a plantación masiva desta especie en Galicia | Fonte: Galicia Confidencial.

"IMPUNIDADE"

O acto de hoxe pechouse coa lectura dun manifesto no que alertaron de que os eucaliptos ocupan xa "un 17%" do territorio de Galicia.

"Parece que para a industria do eucalipto non existen limitacións: todo vale con tal de seguir engordando a conta de beneficios da celulosa", remarcou Anxo Moure, encargado de dar lectura ao manifesto no que tamén denunciou "a colaboración cómplice da Xunta" ante a "impunidade" coa que os eucaliptos "ocupan espazos de alto valor natural e patrimonial".

IMPACTO SOBRE O PATRIMONIO

O secretario da asociación ecoloxista Adega, Fins Eirexas, denunciou que a plantación indiscriminada de eucaliptos "non só" afecta o medioambiente, no que o "monocultivo" desta especie provoca perda de biodiversidade, maior risco de incendios forestais e a erosión dos montes. Ademais destas consecuencias sobre a natureza, segundo Eirexas, a plantación de eucaliptos tamén provoca unha "perda patrimonial" en espazos protexidos como castros celtas, minas romanas ou xacementos arqueolóxicos.

Como exemplo diso, sinalou que as organizacións ecoloxistas detectaron "500 afeccións só na provincia de Lugo" sobre o patrimonio natural e etnográfico por parte da industria do eucalipto.

"TODO POLA PASTA"

"Todo pola pasta", ironizou Anxo Moure no manifesto, no que asegura que ese é o lema da "dona do monte galego": a industria da celulosa.

Un sector que goza da complicidade da Xunta quen, "obediente", entrega Galicia "ao monocultivo esperando polas prebendas e os retiros dourados nos consellos de administración da industria pasteiro-enerxética", dixo.

RECLAMACIÓNS

Así as cousas, os manifestantes reclamaron ás administracións o cumprimento da lexislación en materia ambiental para "impedir a forestación de terras agrarias e os plantíos sobre terras de interese", así como "declarar unha moratoria" para novas plantacións de eucaliptos, medida xa adoptada en Portugal.

Ademais, pediron á Xunta que prohiba a especie 'Eucaliptus nitens', a variedade máis numerosa desta árbore en Galicia, e que sexa incluída no catálogo de "especies exóticas e invasoras".

Así mesmo, esixen que se poña freo aos cultivos enerxéticos que aproveitan a biomasa para producir enerxía ("plantar-queimar-plantar") e que se estableza un "imposto verde" para que aqueles que planten eucaliptos deban "compensar á cidadanía".

Varias organizacións ecoloxistas e concelleiros de Compostela participaron na protesta no Obradoiro contra a eucaliptización de Galicia
Varias organizacións ecoloxistas e concelleiros de Compostela participaron na protesta no Obradoiro contra a eucaliptización de Galicia | Fonte: Galicia Confidencial.
Protesta contra a eucaliptización de Galicia
Protesta contra a eucaliptización de Galicia | Fonte: Europa Press.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

7 Arturo

Que eu saiba, a Xunta non subvenciona as plantacións de eucaliptos, nin desde logo as " protexe" ( o único xeito de " protexelas" sería subvencionalas ). Son os propios galegos ( non a Xunta, nen o Bispo de Braga ) quen os planta. Así que si queremos parar a peste do eucalipto, compre protexer as carballeiras que hai ( en clara recesión) e prohibir a plantación de eucaliptos en amplas zonas do territorio. Non hai outra. Repetimos, o eucalipto non o planta a Xunta, o plantan os pequenos propietarios galegos: xa quelogo, a solución é restrinxir, prohibir ou limitar as plantacións.

6 Pepis

A especie máis común en Galicia é Eucaliptus Globulus. O E. Nitens é o que se introduce agora para colonizar a onde non se dá ben o anterior. Existe unha información errónea na nova. @GConfidencial revisa as túas fontes.

1 juan sen monte

o nitens apareceu como consecuencia do ataque do gorgojo a especie globulus, a madeira e de peor calidade pero ten a ventaxa de que e resistente o bicho, por desgracia tamen e capaz de desarrollarse en alturas onde o globulus non, de hi pansion

5 Rebolo

Deixade de terxiver os movementos e ir ao miolo. Xa estamos fartos do monocultivo de eucaliptos nons nosos montes, e que a xunta protexa e subvencione isto. Os politicos van tentar barrer para a súa casa como con todo, o roio é que esto é un movemento que sae da cidadanía e o povo preocupados polo futuro da súa natureza. Non vamos deixar que nos rouben esta loita, pero se algún representante politico está, está ahí coas cosnsecuencias de asumir o que pedimos, e senon botarámosnos enrriba tamén, porque isto é un berro que ven da xente.

1 dubida existencial

cando falas dos nosos montes, a que te refires? os teus en propiedade particular? os da tua parroquia como comuneiro?..e nese caso quen volos planta ali? celulosas-Ence ?algun veciño? se eso e asi poderiadelos denunciar por apropiacion indevida non?

4 undecompostela

eu estiven hoxe na concentración e a verdade que parecía un acto de adega só, que eu creo que vai xenerar malestar no resto de organizacións ali presentes, habia moiras camisolas do colectivo a rula por exemplo que creo que esta na plataforma, non habia nada de cousa de raíces p..... O dos políticos lamentabel, a min dame igual que vaian pero que ocupen a primeira fila das faixas xenera malestar. Despois quéixanxe cando a xente non quere que vaian, son coma parasitos. Salvando estas cuestións o

1 Loisc

Só faltaría que non puidese acudir unha asociación ecoloxista galega! O que faltaba por oír! Polo c.rallo molestan as bandeiras republicanas nas Marchas da Dignidade, ou polo c.rallo molesta que Villares de Podemos agarre o megáfono nunha mani de Educación no Obradoiro. Ah! Non! Eses non son políticos (como se Adega o fose...), eses son chachi guais. En fin, Galicia gran país, m.rda de xente (algunha mareada)

3 ADEGUEIRO

ADEGA e una asociación ecoloxista consecuente, galega, o mellor e ollar na paxina web de adega e asociarse, si es ecoloxista ADEGA ... si estas interesado no teu país ADEGA... si che gusta a natureza ADEGA...