Temas: MONFORTE

Máis dun milleiro de atletas na IX Carreira Popular de Monforte

A carreira celébrase este domingo e a cifra concreta de participantes ascende a 1.081 atletas.

Por Galicia Confidencial | Monforte | 22/04/2017 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

Monforte acolle este domingo a súa IX Carreira Popular, na que participarán 1.081 atletas. Un dos corredores confirmados é Nuno Costa, vencedor da última edición da media maratón Vigo-Baiona, un feito que garante unha cabeza de carreira de alto nivel.

IX Carreira Popular de Monforte.
IX Carreira Popular de Monforte.

O evento conta con cinco carreiras, catro de categorías de menores de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros, e por outra parte, unha carreira absoluta de 7.000 metros. O inicio das probas de menores será ás 11 da mañá, mentres que a carreira absoluta sairá ás 12 horas.

“Todas as carreiras teñen un percorrido totalmente urbano e moi atractivo, xa que parten da explanada da Compañía e discorren por varias rúas do casco histórico da cidade”, sinala o alcalde.

Entre as probas de menores e a proba absoluta establécense un total de 14 categorías, o que da lugar a un reparto importante de trofeos, xa que os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo conmemorativo do evento.

A única categoría na que non haberá clasificación é na MINI, onde todos os participantes levarán unha medalla e unha bolsa de lambetadas como agasallo.

Ademais dos premios por categorías, haberá tamén premios especiais para os mellores atletas locais e para os gañadores absolutos da proba.

Todos os participantes que rematen cada unha das carreiras nas que participen recibirán unha camiseta conmemorativa do evento así como avituallamento sólido e líquido.

Temas: MONFORTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta