Eva Veiga en poesía e Isaac Xubín en narrativa fanse cos Premios da Crítica en lingua galega

A Asociación Española de Críticos Literarios deu a coñecer o fallo dos Premios da Crítica Española 2016.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2017 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

A Asociación Española de Críticos Literarios (AECL) deu a coñecer este sábado o fallo dos Premios da Crítica Española 2016, nos que Eva Veiga e Isaac Xubín resultaron gañadores nas categorías de poesía e narrativa en lingua galega, respectivamente.

Eva Veiga
Eva Veiga | Fonte: Bibliotecas Municipais da Coruña.

A resolución das diferentes fases do galardón nas categorías de lingua galega foron a proposta da Asociación Galega da Crítica, que votou aos gañadores nunha reunión celebrada o 31 de marzo en Santiago, segundo informou a propia entidade.

Así as cousas, a obra 'Soño e Vértice' de Eva Veiga resultou gañadora da categoría de poesía en lingua galega. Veiga, nacida en Pontedeume (A Coruña) en 1961, é licenciada en Filoloxía inglesa pola Universiade de Santiago e forma parte do Grupo Ouriol.

Estreouse como poeta en 1993 coa obra 'Fuxidíos', á que lle seguiu 'Paisaxes do baleiro' (1999), 'A luz e as súas cicatrices' (2006), 'Desconcerto' (2006) ou 'A frecha azul do teixo' (2010).

Cos seus dúas últimas obras, 'A distancia do tambor' (2014) e 'Silencio percutido' (2015), Eva Veiga resultou gañadora do Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega e o Premio de Poesía Cidade de Ourense, respectivamente.

Isaac Xubín
Isaac Xubín | Fonte: @isaacxubin.

Pola súa banda, o escritor Isaac Xubín (A Coruña, 1978) fíxose co Premio da Crítica 2016 na categoría de narrativa en galego grazas á súa obra 'Non hai outro camiño'.

Xubín é licenciado en Filoloxía galega e desenvolve a súa actividade profesional como investigador, profesor e tradutor de eúscaro. Ademais de obras narrativas, tamén publicou poemarios.

'Non hai outro camiño' desenvólvese na cidade imaxinaria de "Staro Selo", que acolle unha serie de personaxes pouco convencionais dentro dunha sociedade autoritaria e policial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta