A coordinadora de En Marea aclara que proporá ao Consello convocar o plenario para o mes de xullo

A Coordinadora de En Marea aclarou que proporá ao Cosnello das Mareas convocar o segundo plenario do partido instrumental para o próximo mes de xullo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2017 | Actualizada ás 18:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Coordinadora de En Marea aclarou que proporá ao Cosnello das Mareas convocar o segundo plenario do partido instrumental para o próximo mes de xullo.

Así o precisou este sábado nun comunicado o órgano executivo do partido instrumental, que explicou que levará esta proposta á reunión que o máximo órgano de decisión entre asembleas celebrará o próximo 29 de abril.

Deste xeito, despois de que o venres transcendese a súa proposta de celebrar este encontro na primeira de xullo, este sábado a coordinadora lembrou que o Consello é o órgano competente para convocar de forma ordinaria o plenario.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta