Detido un home na Coruña tras ser sorprendido mentres roubaba no interior dun inmoble

Un home foi detido na Coruña o pasado venres logo de ser descuberto mentres se atopaba no interior dun inmoble ao que accedeu tras romper unha cristaleira coa intención de cometer un roubo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2017 | Actualizada ás 19:41 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home foi detido na Coruña o pasado venres logo de ser descuberto mentres se atopaba no interior dun inmoble ao que accedeu tras romper unha cristaleira coa intención de cometer un roubo.

Segundo informou a Policía Local, o detido, logo de ser sorprendido no interior dun edificio da rúa Santiago, tratou de agredir aos axentes, polo que tivo que ser reducido.

O home, de 41 anos e veciño da cidade, foi denunciado ante o Xulgado de Garda polos delitos de roubo con forza e resistencia grave a axentes da autoridade no exercicio das súas funcións.

Por outra banda, tamén o pasado venres, outro home de 41 anos foi denunciado por tratar de roubar un perfume nun establecemento da cidade herculina.

Ao chegar ao lugar, os axentes da Policía Local descubriron que o presunto ladrón fora reducido por outro home, que o tiña retido contra o chan logo de que a dependenta do comercio alertase de que subtraera un perfume.

Ademais, ao redor das 18,00 horas do venres, a Policía Local tamén detivo a outro home que presuntamente roubou unha carteira aproveitando un descoido do seu propietario.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta