A procesión do Santísimo Cristo da Paciencia pon fin este domingo aos actos da Semana Santa en Santiago

A procesión do Santísimo Cristo da Paciencia pon fin aos actos da Semana Santa en Santiago. En concreto, esta imaxe regresará este domingo á súa sede, a igrexa da Mercé de Conxo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2017 | Actualizada ás 10:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A procesión do Santísimo Cristo da Paciencia pon fin aos actos da Semana Santa en Santiago. En concreto, esta imaxe regresará este domingo á súa sede, a igrexa da Mercé de Conxo.

A Confraría do Santísimo Cristo da Paciencia é a encargada desta procesión que partirá mañá ás 11,00 horas desde Praterías para percorrer as rúas da cidade ata a Igrexa da Mercé de Conxo.

A banda de tambores da confraría e a Banda de Santiago acompañarán ao paso do Santísimo Cristo da Paciencia polas rúas de Compostela. Unha imaxe obra do escultor compostelán Maximino Magariños que data de 1916.

A procesión contará, un ano máis, coa participación de representantes da Asociación do Traxe Galego. Ao finalizar a procesión celebrarase unha misa na igrexa da Mercé de Conxo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta