O Celta paga a 'resaca'

Un equipo celeste irrecoñecíbel encaixa ante o Betis unha derrota merecida (0-1) que o afasta das prazas europeas. "O debuxo non axudou o equipo", asume Berizzo a responsabilidade tras aliñar un 4-4-2 inédito. O xoves, visita ao Sevilla.

Por gcdeportes | Vigo | 23/04/2017 | Actualizada ás 20:24

Comparte esta noticia

Ficha técnica
RC Celta 0:
Sergio Álvarez; Álvaro Lemos, Sergi Gómez, Roncaglia, Carles Planas (Jonny, 62'); Chelo Díaz, Pape Cheikh (Daniel Wass, 71'), Radoja, Jozabed; Théo Bongonda e Guidetti (Claudio Beauvue, 58').
Real Betis 1: Antonio Adán; Rafa Navarro, Bruno, Aissa Mandi, Tosca, Durmisi; Dani Ceballos, Darko Brasanac (Cejudo, 88'), Rubén Pardo (Petros, 86'); Alex Alegría e Joaquín (Rubén Castro, 81').
Gol: 0-1: Darko Brasanac (minuto 54).
Árbitro: De Burgos Bengoetxea (vasco). Amarelas a Carles Planas, Daniel Wass e Chelo Díaz nos celestes e a Durmisi, Bruno, Cejudo e Dani Ceballos nos béticos.
Incidencias: partido da 33ª xornada de Primeira División disputado no estadio municipal de Balaídos ante 15.850 espectadores.

Tras facer historia en Bélxica, derrota merecida ante o Betis en Balaídos. O Celta deixou o seu ADN en Genk e, superado en actitude e intensidade polos béticos, encaixou unha derrota (0-1) que o afasta de xeito definitivo das primeiras prazas. A clasificación para Europa pasa pola Europa League, esa que condiciona semana tras semana a aliñación celeste. “O debuxo non axudou o equipo a xogar ben”, recoñeceu o Toto Berizzo, que saiu cun 4-4-2 cheo de suplentes e asumiu a responsabilidade da derrota. Os celestes están xa pensando no Manchester United.

Os béticos celebran o gol con Sergio Álvarez e Roncaglia no chan.
Os béticos celebran o gol con Sergio Álvarez e Roncaglia no chan. | Fonte: lfp.es

A primeira parte do Celta foi para esquecer, malia que ao final tivo a mellor ocasión, un man a man que errou Bongonda. Ata tres ocasións tivo o Betis nos primeiros minutos: Joaquín para a estirada de Sergio Álvarez, Alex Alegría e Durmisi coa testa. Non apareceju a presión habitual do Celta, que ademáis era incapaz de saír co balón controlado. O dominio foi do Betis, pero non marcaron os de Víctor Sánchez del Amo. Tardou 39 minutos o Celta en rematar a portaría, tras un erro dos béticos que deixaron só a Bongonda, que sen precisión disparou ao corpo do meta. Adán tamén detivo o seguinte disparo cruzado de Jozabed.

Mellorou o Celta tralo paso por vestiarios, adiantou un chisco as liñas e tivo máis posesión. Durmisi avisou cun disparo cruzado, pero semellaba que os celestes podían facerse co partido. Foi cando chegou o gol bético: centro dende a esquerda e remate coa testa de Darko Brasanac, que se adiantou a Roncaglia. Toto Berizzo buscou cos trocos a reacción dos seus: entraron Claudio Beauvue, Jonny por un mancado Carles Planas e Daniel Wass. O Celta tentou buscar lo empate, pero o Betis defendeuse con oficio, e mantivo a presión sobre a saída de balón celeste. Pouco perigo xeraron os vigueses ata o final, tan só un disparo de Daniel Wass á reviravolta dende o bordo da área, que pasou preto do pau dereito da portaría bética. Quedar entre os sete primeiros semella xa imposíbel para o Celta a falla de cinco xornadas.

Theo Bongonda, que errou a mellor ocasión celeste, laiase da derrota.
Theo Bongonda, que errou a mellor ocasión celeste, laiase da derrota. | Fonte: lfp.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta