A primeira máquina expendedora de pescado fresco en Galicia

Un mercado da Coruña é o primeiro no país en ofrecer peixe envasado ao baleiro nunha máquina operativa tamén nas horas que pechan os postos.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 24/04/2017 | Actualizada ás 10:29

Comparte esta noticia

Mercar pescado fresco no mercado fóra do horario comercial. Isto xa é posible na Coruña, onde se instalou a primeira máquina expendedora de peixe de Galicia. Produto limpo e do día, é o que ofrece este novo servizo que pouco a pouco xa comeza a gañar adeptos.

Máquina expendedora de pescado na Coruña.
Máquina expendedora de pescado na Coruña.

A idea xurdiu buscando captar novos clientes para o mercado, aqueles que só poden acceder en horario de tarde, cando a peixería xa está pechada ao público. Outros, son polo momento máis reacios.

É a primeira máquina destas características que se instala en Galicia e nela pódense comprar Robalizas, douradas, pescadas, xarda... de 8 da mañá a 8 da tarde, mesmo cando os postos pechan ao mediodía. Pola mañá pésase, límpase, envásase ao baleiro e vai directo á máquina, igual de fresco. A idea, da empresa asturiana Olevending.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta