Entre 15.000 e 18.000 niños de avespa velutina en Galicia

A Asociación Galega de Apicultura alerta de que en 2016 "se contabilizaron tres veces máis niños que en 2015", e avisa de que xa empezan a "colonizar" Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2017 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

O presidente da Asociación Galega de Apicultura, Jesús Asorey, alertou de que en 2016 "contabilizáronse tres veces máis niños de avespas velutinas que en 2015", que xa empezan a "colonizar" Galicia, segundo comentou.

Niño de vespa velutina
Niño de vespa velutina | Fonte: Europa Press

Así, cifrou "entre 15.000 e 18.000" os niños destes insectos en Galicia, á vez que fixo especial fincapé en que estes "son os que se avistaron, porque realmente quedan moitos" que non se chegan a detectar.

Asorey concretou que agora as "raíñas" están invernando "e a partir de xullo e agosto é cando empeza o gran ataque sobre colmeas e froitos, e é nos meses de setembro e outubro cando máis se notan os efectos".

Ademais, o presidente da Sociedade Galega de Apicultores precisa que foi "na Mariña (luguesa) onde primeiro empezou, no ano 2012 no porto de Burela e foise estendendo".

Jesús Asorey subliñou que "se dicía que en zonas de montaña tardaría en chegar a velutina, pero xa este ano, a semana pasada atopáronse niños na Fonsagrada".

Lolo Andrade retirou no municipio coruñés de Coirós un niño de avespa velutina de máis dun metro de alto e de case 20 quilos de peso
Lolo Andrade retirou no municipio coruñés de Coirós un niño de avespa velutina de máis dun metro de alto e de case 20 quilos de peso | Fonte: CONTEXTOPLUS.

"Vai estar Galicia toda cuberta, mesmo este ano. Están a porse máis trampas; insistimos en que se poñan trampas para cando saian do letargo e non fagan máis niños", recomendou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta