O Celta marchará de Vigo e irá para A Coruña

Carlos Mouriño podería plantexarse a posibilidade se descende o Deportivo e Xulio Ferreiro procede a venderlle o estadio de Riazor.

Por GcToday | Vigo | 24/04/2017 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

A polémica polo traslado do Celta fóra do ámbito municipal de Vigo non deixa de xerar polémica. A desta semana baséase nunha posíbel carambola que xoga co descenso do Deportivo da Coruña o que abriría unha fiestra de oportunidade para o traslado do equipo celeste á cidade herculina. A Marea Atlántica estaría disposta a estudar a venda do estadio de Riazor a Carlos Mouriño o que provocaría que o equipo se trasladase a Coruña.

Carlos Mouriño e Abel Caballero, trala firma do acordo sobre Balaídos.
Carlos Mouriño e Abel Caballero, trala firma do acordo sobre Balaídos. | Fonte: Concello de Vigo

De darse a citada carambola o equipo pasará a chamarse Celta Deportivo e cambiaría o seu escudo por un novo que representaría a Breogán, mítico rei celta de Galiza, en chándal bolivariano portando o escudo na man esquerda e blandindo a cruz de Santiago coa dereita en sinal de victoria nunha estampa que xa foi criticada polos historiadores máis ortodoxos do país.

O movemento do Celta cara Coruña provocaría unha remodelación completa do mapa futbolístico galego xa que faría desaloxar ao Deportivo que iría a Santiago de Compostela o que provocaría que o Compostela acabara en Pontevedra que, á súa vez, iría a Lugo e este último acabaría xogando en Balaídos o que xa contaría coa bendición de Abel Caballero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Arturo

Si señor, agresividade e mal café, é coma ten que ser o humor. Queremos mais mostras do talento do equipo de GC.

1 Pichi Lucas

¿Pero o día dos inocentes non foi o 28 de decembro?

1 De tolos

Dise en moitos sitios de Galicia, "En abril os burros van onde non teñen quir"