Vilán rexeita especular sobre futuros dirixentes do PSdeG e alega que agora toca abordar as primarias estatais

A deputada socialista Patricia Vilán rexeitou especular sobre futuros dirixentes do PSdeG e esgrimiu que agora o proceso aberto son "as primarias a nivel federal". "Despois chegará o momento do proceso en Galicia", esgrimiu, para engadir que será entón cando os compañeiros de partido que o estimen oportuno poidan "dar un paso adiante".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2017 | Actualizada ás 17:57 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A deputada socialista Patricia Vilán rexeitou especular sobre futuros dirixentes do PSdeG e esgrimiu que agora o proceso aberto son "as primarias a nivel federal". "Despois chegará o momento do proceso en Galicia", esgrimiu, para engadir que será entón cando os compañeiros de partido que o estimen oportuno poidan "dar un paso adiante".

Patricia Vilán, en rolda de prensa
Patricia Vilán, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

"Agora estamos en fase federal, non autonómica", insistiu, en rolda de prensa no Parlamento, despois de ser preguntada acerca de se comparte co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a percepción de que o futuro do seu partido pasa "por nomes que non son famosos, incluído o seu líder", segundo afirmou este en unha entrevista co diario 'ABC'.

Así mesmo, tras ser preguntada pola posibilidade de que o próximo proceso galego reproduza os enfrontamentos que rexistraron cando houbo que elixir candidato á Xunta, respondeu que non ten "unha bóla de cristal".

"Non adoito facer prognósticos; cando se abra a fase de primarias en Galicia veremos que ocorre, quen se presenta", sinalou, antes de incidir en que "o debate é bo".

"Sempre é bo e fai avanzar", recalcou, á vez que admitiu que no PSdeG, do mesmo xeito que ocorre "en todos os partidos", hai "diversas correntes de pensamento". "Uns pensan igual e outros distinto, pero ao final estamos todos unidos baixo una mesma bandeira que é a do PSdeG", resolveu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta