Cinco empresas optan á subministración eléctrica de Pontevedra que sae a licitación por case 1,6 millóns de euros

Cinco empresas presentaron ofertas para a subministración de enerxía eléctrica no municipio de Pontevedra, un contrato que sae a licitación 1.598.000 euros, segundo informou este luns a portavoz do goberno local, Anabel Gulías.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2017 | Actualizada ás 18:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Cinco empresas presentaron ofertas para a subministración de enerxía eléctrica no municipio de Pontevedra, un contrato que sae a licitación 1.598.000 euros, segundo informou este luns a portavoz do goberno local, Anabel Gulías.

A mesa de contratación abriu este luns os sobres coas propostas que agora serán avaliadas e informadas os técnicos municipais.

As empresas son: Nexus So, Iberdrola, Unión Fenosa, Ados e Endesa. Segundo destacou a concelleira en funcións de portavoz, o 100% da enerxía fornecida será "verde" pois o cinco empresas "todas elas, a maiores do 30% que estableciamos nós no prego de condicións, achegan un incremento do 70% de enerxía verde, da enerxía ecolóxica".

Son "verdes", segundo apuntou, as enerxías renovables como a eólica ou a solar e a de coxeneración de alta eficiencia como pode ser a de biomasa. Quedan fóra, por tanto, outras fontes como son a enerxía nuclear, do carbón, ou o fuel. Co novo contrato o Concello espera "mellorar a eficiencia e calidade enerxética e coidar o medio ambiente".

O contrato cubrirá sobre o 70-75% da enerxía consumida no Concello, xa que quedan fóra as subministracións de menos de 10 kw/hora. É para 2010 subministracións que suman 10.093.845 kw. Esta enerxía atenderá as necesidades da iluminación pública, das escolas, centros municipais, gardaría, auditorio e pavillóns deportivos.

O centro municipal máis consumidor de enerxía eléctrica é o Pazo de Congresos, que consome 447.678 kw/ano.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Luis Bullo

En primer lugar me gustaría disculparme con todos los lectores de este comentario por no hacerlo en Gallego, pero actualmente no lo tengo muy definido. Prefiero dejarlo en Español y así es más sencillo para todos. Me parece de cine, que las empresas que optan por poner la energía electrica en Pontevedra, tengan el 70% de energías ecológicas, ya que esto nos va a ayudar a combatir el cambio climático. En nuestra empresa de electricidad la mayoría de clientes entran preguntando por paneles solares costo y es que es lo mejor que hay poder empezar a utilizar este tipo de energías y empezar poco a poco a dejar de contaminar todo el planeta tierra con otras energías más contaminantes. Saludos y gracias por esta gran noticia :)