O escritor Antonio Sandoval imparte en Santiago unha charla sobre a naturalización da contorna escolar

O escritor, comunicador ambiental e ornitólogo coruñés Antonio Sandoval impartirá unha charla coa lema 'A necesidade da naturalización da contorna escolar', dirixida a educadores e que terá lugar este martes, a partir das 18,30 horas, na Galería Sargadelos de Santiago, dentro da Campaña Municipal de Animación á Lectura que organiza o Concello, Kalandraka e a Fundación Sargadelos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2017 | Actualizada ás 18:12 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O escritor, comunicador ambiental e ornitólogo coruñés Antonio Sandoval impartirá unha charla coa lema 'A necesidade da naturalización da contorna escolar', dirixida a educadores e que terá lugar este martes, a partir das 18,30 horas, na Galería Sargadelos de Santiago, dentro da Campaña Municipal de Animación á Lectura que organiza o Concello, Kalandraka e a Fundación Sargadelos.

Antonio Sandoval en Santiago
Antonio Sandoval en Santiago | Fonte: Europa Press

O autor de 'A árbore da escola' falará da importancia da educación ambiental, do contacto directo do alumnado coa natureza para a súa formación integral, e do espírito colaborativo na comunidade docente, aspectos presentes neste álbum infantil ilustrado polo Premio Nacional Emilio Urberuaga.

'A árbore da escola' conta a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai crecendo no patio do colexio grazas ao agarimo que recibe del e ao afecto doutros compañeiros, que seguen o seu exemplo.

O autor toma a licenza temporal de comprimir nas páxinas deste libro un proceso que duraría anos, concentrando simbólicamente nun grupo de nenos a acción voluntaria de protexer a árbore. Pero vai máis aló, ao impulsar que esta proposta teña continuidade noutras escolas, facendo viaxar a súa semente e, con ela, a conciencia social de respecto ao medio ambiente e ao planeta.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta