O número de accidentes laborais aumenta un 2% en Galicia no último ano

Durante o ano 2016 producíronse en Galicia 24.992 accidentes laborais, un 2,4% máis que o ano anterior, segundo os datos da empresa de recursos humanos Randstad. En 2007, a sinistralidade na comunidade foi a máis elevada de toda a serie histórica, con 50.826 sinistros deste tipo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2017 | Actualizada ás 18:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Durante o ano 2016 producíronse en Galicia 24.992 accidentes laborais, un 2,4% máis que o ano anterior, segundo os datos da empresa de recursos humanos Randstad. En 2007, a sinistralidade na comunidade foi a máis elevada de toda a serie histórica, con 50.826 sinistros deste tipo.

Con todo, a taxa de incidencia, que reflicte o número de accidentes por cada 100.000 traballadores, descendeu no último ano, de acordo coa análise de Randstad. O pasado ano, alcanzou os 3.190 accidentes, o que supón un descenso do 2,4% respecto ao ano anterior, e un 44,4% menos que hai unha década, en 2006.

Se se analiza a serie histórica, segundo as cifras desta compañía, detéctase que desde 2007, cando a taxa de incidencia situouse en 5.811, este indicador encadeou seis anos de descensos consecutivos ata rexistrar o nivel máis baixo en 2013, con 2.957, para despois ir aumentando ata alcanzar os 3.269 en 2015.

A taxa de incidencia descende en todas as provincias galegas, e Ourense é a que máis diminúe (-5,3%), seguida de Lugo (-4,8%), Pontevedra (-2,6%) e A Coruña (-1,1%).

En termos absolutos, A Coruña (11.437) rexistra o maior número de accidentes, seguida de Pontevedra (8.221), Lugo (2.700) e Ourense (2.634).

No conxunto estatal, a análise de Randstad revela que a taxa de incidencia aumentou por cuarto ano consecutivo. Durante 2016, esta taxa alcanzou os 3.302 accidentes, o que supón un aumento do 1,5% respecto de 2015.

En termos absolutos, durante o último ano en España producíronse 480.051 accidentes, un 6,9% máis que o ano anterior, o maior incremento de toda a serie histórica. En 2007, a sinistralidade laboral rexistrou o seu peor ano, cando se ocasionaron máis de 924.000 accidentes. Despois dese ano, o número de accidentes laborais descendeu seis anos seguidos, ata os 404.000 de 2013.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta