A Xunta cifra en case 120 postos de traballo a xeración de emprego "altamente cualificado" no polo de Rozas

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, sinalou que o polo tecnolóxico e industrial de Rozas está a xerar case 120 empregos "altamente cualificados".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2017 | Actualizada ás 19:26 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, sinalou que o polo tecnolóxico e industrial de Rozas está a xerar case 120 empregos "altamente cualificados".

POLO DRONES ROZAS
POLO DRONES ROZAS | Fonte: Europa Press

Segundo apunta a Xunta nun comunicado de prensa, estes postos de traballo responden tanto a Indra e Babcock como ás 15 pemes e centros tecnolóxicos subcontratados ata a data na fase A ou fase de I+D+i da 'Civil UAVs Initiative'.

Argerey asegurou, indica a nota, que os compromisos adquiridos polos socios tecnolóxicos Indra e Babcock con empresas galegas e centros de coñecemento están a xerar xa máis de 12 millóns de euros en contratacións.

Neste sentido, sinalou que os resultados do traballo de innovación liderado polas dúas multinacionais teñen un "alicerce de valor indiscutible nas empresas e centros subcontratados".

Polo momento son 15 axentes os que están a participar no desenvolvemento deste programa de I+D, cifra que se prevé duplicar ata chegar á trintena.

BABCOCK E INDRA

Pola súa banda, Babcock e Indra reivindicaron que mobilizan máis de 12 millóns e xeran case 120 empregos nos proxectos enmarcados en 'Civil UAVs Initiative'.

A aeronave non tripulada 'Lúa', desenvolvida por Babcock, estará en funcionamento para detectar incendiarios na campaña contraincendios da Xunta, segundo sinala.

Engade que o proxecto se converte en "pioneiro" na navegación marítima remota en España grazas á embarcación non tripulada que está a desenvolver Indra.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta