Liberan a unha persoa tras unha colisión entre dous turismos e un camión na AP-9

Unha persoa resultou ferida a tarde deste luns nun choque múltiple rexistrado na AP-9, á altura de Moaña (Pontevedra). A vítima tivo que ser excarcerada polos efectivos de emerxencia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2017 | Actualizada ás 19:26 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida a tarde deste luns nun choque múltiple rexistrado na AP-9, á altura de Moaña (Pontevedra). A vítima tivo que ser excarcerada polos efectivos de emerxencia.

No accidente, segundo informa o 112, víronse implicados dous turismos e un camión formigoneira. Un particular chamou ao 112 Galicia ás 15,30 horas para dar conta do ocorrido.

Os feitos tiveron lugar na saída do Morrazo, en sentido norte. O sinistro provocou o peche da autoestrada nese punto. A zona recuperou a normalidade sobre as 17,00 horas desta tarde.

O persoal do 112 alertou do accidente a Urxencias Médicas e aos Bombeiros do Morrazo e de Vigo. A situación tamén foi posta en coñecemento da Garda Civil.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta