Bande (Ourense) acolle este sábado unha xornada para pór en valor a Vía Nova como un camiño de Europa

A eurodeputada Lídia Senra, integrada no grupo confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica, organiza este sábado 29 de abril en Bande (Ourense) unha xornada informativa e de debate para pór en valor a Vía Nova como un camiño de Europa.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2017 | Actualizada ás 19:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A eurodeputada Lídia Senra, integrada no grupo confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica, organiza este sábado 29 de abril en Bande (Ourense) unha xornada informativa e de debate para pór en valor a Vía Nova como un camiño de Europa.

En colaboración coa Asociación de Montaña Arnau, esta iniciativa trata de visibilizar e denunciar a situación de abandono na que as administracións manteñen este camiño primitivo "de enorme valor patrimonial e cultural", que une Braga con Astorga, pasando polo sur galego.

Nunha nota de prensa, o grupo de Senra explica que a xornada será de acceso aberto e sen necesidade de inscrición previa, para todos os públicos.

Pretende fomentar a reflexión sobre a quen lle interesa a falta de posta en valor da Vía Nova. "Estamos a falar dun camiño primitivo de enorme valor patrimonial e cultural que debería ser coidado e apreciado e coñecido xa non só en Galicia, senón en toda Europa", subliña a eurodeputada.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta