A marea de Ourense suma socios de cara as eleccións

Da conformación das mareas urbanas en 2015, a de Ourense foi das máis polémicas. A cousa rematou coa repetición das primarias e con varios dos partidos integrantes denunciando un suposto pucheirazo. Desta vez Ourense en Común quere facer os deberes con tempo. E parece que o proceso está a cristalizar rápido.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 25/04/2017 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

Polo de agora, ademais do xerme da propia marea, confirmaron a súa participación Podemos, Esquerda Unida e, máis recentemente, Equo, Espazo Ecosocialista Galego e Demos+. 

Miguel Doval, candidato de Ourense en Común nas pasadas municipais
Miguel Doval, candidato de Ourense en Común nas pasadas municipais | Fonte: radioourense.com

O partido político Demos+, xurdido en 2013 como movemento en defensa duns servizos públicos, universais e de calidade, a rexeneración democrática e contra a corrupción, di, segundo un comunicado dos promotores, “plenamente identificado co proceder de Ourense en Común nestes case dous anos de existencia” ao tempo que non contemplaba “outro escenario diferente ao da confluencia para as próximas eleccións municipais”, en palabras representante do partido en Ourense, Maravillas Calviño.

Os representantes de Equo Galicia en Ourense, Emilio Padrón e Idoia de Luxán, din apostar por “ensanchar aínda máis a base de persoas que apoian o espazo político e as ferramentas de participación na procura de asentar os principios fundacionais do proceso: xustiza social, igualdade de xénero e sustentabilidade”.  

“Nós acreditamos no potencial das mareas municipalistas. Así é que o asemblearismo e o municipalismo deben ser a base deste cambio de paradigma e fuxir de lóxicas partidarias ou lobbys de poder”, afirma Ánxeles Faraldo, que xunto con Silvia Lorenzo representaban Espazo Ecosocialista na reunión con Ourense en Común. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Ptt

Se traballaran un pouco, por q cobrar, cobran

4 Xornalismo Amarelo

Ben! E cal é o socio que suma, para que me aclare, que xa non estivera no 2015?

3 agencias

Marea de golfos apandadores

2 Eu mesmo

Facer os deberes a tempo para non ter que repetir o pucheirazo. Éis a nova política que se limita a exibir unha palestina!!!

1 Fernando G.

A ver se polo menos poñen a alguén que saiba ler correctamente ou falar sen balbucear, porque o da Leticia xa é criminal