Entre medio millón e 2 millóns de aves e morcegos morren ao ano pola eólica galega

A Sociedade Galega de Historia Natural denuncia as desfeitas ocasionadas polos aeroxeneradores, que causan un impacto ambiental "inasumible", e presenta alegacións contra varios proxectos de repotenciación.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/04/2017 | Actualizada ás 16:59

Comparte esta noticia

Xunto cos hábitats de interese ou de conservación prioritaria na UE (turbeiras de cobertor, uceiras húmidas,…) sepultados baixo pistas, gavias e plataformas de aeroxeneradores de parques eólicos, os vertebrados voadores son os que están a levar a peor parte do impacto da enerxía eólica en Galicia, denuncia a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), que calcula entre medio millón e 2 millóns as aves e morcegos que morren anualmente no país polas instalacións eólicas (aeroxeneradores e tendidos eléctricos) en Galicia.

Parque eólico
Parque eólico | Fonte: DUVI.

Neste escenario de impacto ambiental "inasumible" para a SGHN, e cos parques eólicos máis antigos perto do final da súa vida útil, nos últimos anos comezaron a presentarse proxectos de repotenciación dalgúns deles (CapeladaCabo Vilano) nos que se plantexa a substitución de moitos pequenos aeroxeneradores por uns poucos moito máis grandes, mantendo a potencia total instalada.

O "razoable", para a SGHN, sería que "a repotenciación dos parques eólicos existentes contemplase non só a «actualización tecnolóxica» dos mesmos, como pretenden as empresas solicitantes, senón tamén a súa «actualización ambiental» para corrixir os erros cometidos no pasado e conseguir que, ademais de renovable, a enerxía eólica en Galicia sexa o máis «amigable» posible co medio natural".

Pero "lamentablemente non está a ser así", láiase a SGHN. Nesta liña, a sociedade argúe que "a documentación dos efectos ambientais presentados polas peticionarias, ademais de revelar que os Programas de Seguemento Ambiental dos parques existentes non cumpren os requisitos mínimos necesarios, seguen a avaliar deficientemente os impactos sobre os espazos protexidos, os hábitats de interese para a conservación e as especies ameazadas".

Así, a SGHN exemplifica a súa denuncia nos casos dos dous últimos proxectos de repotenciación de parques eólicos aos que a sociedade vén de presentar as súas alegacións: PE Zás e PE Corme.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Carqueixedo

Imos ver...segundo Atienza Et al (2011), autor no que se basea a información de SGHN, estima, como moito unhas 3 colisións MWh/ano, valor que depende moitos dos tamaños, situacións, visibilidade, etc. (Non é o mesmo unha zona de migración que unha zona sen alimento para paxaros, por exemplo). Pois ben, segundo ese suposto (moi, moi ,moi pesimista) se en Galicia hai 3500 MW instalados de eólica, podería haber da orde de 10.000 colisións/ano. Repito, dato moi pesimista que non ten en conta a situación real dos parques eólicos en Galicia. Coma xornalistas tedes a obriga de consultar máis fontes a hora de publicar novas, senón vos convertides en propagandistas. Non é de recibo publicar unha nota de prensa na que se multiplica por 100 (é dicir un 10.000% superior) unha tasa de moratlidade xa de por sí inchada e non aplicable a Galicia (son valores recollidos en USA coa tecnoloxía dos anos 90 e as implantacións primixéneas e cuasiexperimentais daqueles anos)

1 Carqueixedo

Vaia precisión de estudo...Puideron poñer entre 0 e un billón...así acertan seguro. ¿Cal é a súa metodoloxía de cálculo? ¿De onde obteñen a información? Soa un pouca a tirada de moco desta asociación