Valdeorras presenta a añada 2016 en Madrid

Un total de 53 referencias de brancos e tintos de 21 bodegas foron degustados o luns na Casa de Galicia de Madrid.

Por GC Tendencias | Madrid | 26/04/2017 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

No acto de presentación da añada 2016 da D.O. Valdeorras participaron representantes dos ámbitos institucional, político, empresarial e social da capital de España, así como diversos distribuidores e restauradores de prestixio.

Presentación de Javier Veiga. Fonte: Casa de Galicia en Madrid.
Presentación de Javier Veiga. Fonte: Casa de Galicia en Madrid.

No comezo do acto, presentado polo actor Javier Veiga, o presidente do Consello Regulador, Francisco García Álvarez, animou aos presentes a degustar os viños da comarca e a coñecer os “valores diferenciais e singulares” que os definen. García destacou a calidade dos viños da zona e dixo convencido que despois da degustación todos os asistentes ao acto actuarán “como prescriptores e embaixadores” dos viños valdeorreses.

Na súa intervención referiuse tamén ao arraigo e á tradición vinícola de Valdeorras. “Casi todos los habitantes de la comarca están ligados, de un modo u otro, a la elaboración de vino”, precisou, e este feito foi consolidando nesta zona “un saber hacer único” que lle ten permitido á D.O de Valdeorras situar os seus viños en mercados tan esixentes como Estados Unidos, Reino Unido, Holanda, Bélxica ou Xapón.

Ademais de Francisco García, interviñeron no acto a directora xeral de Gandería e Industrias Agroalimentarias da Xunta, Belén do Campo; o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega; o subdirector xeral de Calidade  Diferenciada e Agricultura Ecolóxica do MAPAMA, Javier Maté, e o prestixioso enólogo José Hidalgo, quen dirixiu unha cata comentada explicando aos presentes as singularidades dos viños de Valdeorras.

Belén do Campo, resaltou o “bo traballo” que están efectuando as bodegas que conforman a D.O. Valdeorras e salientou a “relevancia” que posúen os actos de promoción para difundir a potencialidade dos viños galegos. Por este motivo, felicitou ao presidente do Consello Regulador por poñer en marcha de forma regular iniciativas divulgativas. Finalmente, definiu o sector vitivinícola galego como “estratéxico”

Autoridades presentes no acto. Fonte: DO Valdeorras
Autoridades presentes no acto. Fonte: DO Valdeorras

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta