Polémica pola decisión errada da Xunta que puido custarlle a vida a un efectivo do GES de Mugardos

A motobomba que conducía foi derivada a unha pista equivocada polo responsable de área de Medio Rural. Críticas cruzadas entre Xunta, deputación e concello para repoñer o vehículo e o equipo perdidos no incendio que suman case medio millón de euros.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 26/04/2017 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

Foi un lume relativamente pequeno comparado cos que se están rexistrando este mes en concellos de Ourense e Lugo, pero o incendio de Mandiá, en Ferrol, que tivo lugar esta fin de semana estivo a punto de converterse nunha traxedia. Aínda que só arderon dez hectáreas, unha motobomba do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Mugardos estivo a piques ardeu por completo e o incidente mesmo lle puido ter custado a vida a un efectivo da loita contra os lumes.

Unha motobomba resultou calcinada no incendio de Mugardos
Unha motobomba resultou calcinada no incendio de Mugardos | Fonte: TVG

E todo, pola decisión equivocada do responsable de área,  dependente da Consellería do Medio Rural. Este mando enviou a motobomba de Mugardos a unha pista que resultou ser unha trampa e que case lle custa a vida ao seu condutor que puido fuxir das lapas. Non tivo mellor sorte o vehículo que quedou completamente calcinado.

Os traballadores do GES de Mugardos critican as ordes do operativo de mando e lamentan que, agora, ninguén queira repoñer o material queimado. “Unha responsabilidade que é de quen mandou o camión a unha pista sen saída”, din efectivos consultados que se amosan preocupados pola perda da motobomba.

450.000 euros de perdas

Unhas perdas que estiman en 450.000 euros que, agora, ninguén quere repoñer. A Xunta di que iso é competencia do concello e da Deputación da Coruña, con todo, valora xa mercar unha nova motobomba. Pola súa banda, o ente provincial di que ten que ser a Medio Rural o que compre un vehículo novo ao ser o responsable da súa perda por unha decisión equivocada do equipo de mando. 

Camión do GES de Mugardos queimado nun incendio en Ferrol, sen danos persoais
Camión do GES de Mugardos queimado nun incendio en Ferrol, sen danos persoais | Fonte: @AAMMdeCCOOGZ

Ás críticas contra a Xunta tamén se suma a alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, que tamén lle pediu a Medio Rural que repoña o vehículo perdido. Segundo as estimacións municipais, ademais da motobomba, no lume perdéronse 25 tramos de mangueira e un equipo de excarcelación. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Bombeiro de Lugo

Unha vergonza, aos da Xunta todo se les vai en propaganda, e os que traballamos en emerxencias andamos vendidos, Aos rapaces de Mugardos foilles un cargo da consellería querendo facerlles chantaxe e que non dixeran nada