Temas: TVG

O Comité de empresa da CRTVG asina un protocolo para actuar en casos de manipulación informativa

Anuncia que porá en coñecemento dos grupos parlamentarios e do Colexio de Xornalistas a denuncia e presentará queixa ante a Valedora do Pobo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/04/2017 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

O Comité de empresa da CRTVG activará un protocolo para actuar en casos de manipulación informativa como o que recentemente aconteceu nos servizos informativos cando un xornalista denunciou que a súa peza informativa foi cortada ao conter declaracións críticas coa Xunta. 

Chapa co lema 'Eu non manipulo' dos traballadores da RTVG
Chapa co lema 'Eu non manipulo' dos traballadores da RTVG

Segundo este protocolo, o Comité estudará cada caso, sexa denunciado por unha persoa ou por un colectivo, recollendo as probas que considere necesarias e contactando co persoal implicado. Tamén pedirá a opinión da Dirección de Informativos ou Programas e coa dirección do programa, informativo ou departamento responsable da emisión ou difusión da noticia motivo da queixa para “denunciar a práctica e, de ser necesario, pedir as aclaracións pertinentes”.

Transcurridas 48 horas desde a notificación á dirección, e no caso de considerar lesionado algún dereito, o Comité emitirá unha nota pública denunciando a manipulación, “agas nos casos que pola súa gravidade esixa unha resposta urxente”.

Segundo o protocolo aprobado por todos os sindicatos, o Comité porá o caso en coñecemento do Director Xeral e do Consello de Administración da CRTVG e daralle traslado do acontecido ao Colexio de Xornalistas de Galicia.  Ademais, informará a todos os grupos parlamentarios para que tomen as medidas pertinentes dentro da Comisión Parlamentaria Permanente non Lexislativa de Control da Corporación da RTVG e presentará unha queixa ante a Valedora do Pobo.

O Comité aclara nun comunicado que observará especialmente que “non se lesionen os dereitos das persoas denunciantes”, garantíndolles a confidencialidade se o solicitan. E, no caso de existir solicitudes de amparo confrontadas, trasladaralle por escrito a súa resolución a cada unha das partes.

Temas: TVG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Celtian

A Telegaita non ten hoxe ningún sentido. Creouse para maior gloria dos políticos e colocación dos enchufados, como todas as televisións públicas que costan 3000 millóns de euros ao ano de diñeiro público. Hai unha oferta alternativa abundante polo que o mellor é pechala. E se non que a fagan de pago para o que lle guste.

2 Pregunto

Ultimamente vexo a varias persoas que traballan en Correotv facendo microespazos en programas da Tvg. Coincidencia? Quen e de que xeito contrata a esas persoas?

1 Berenguela

O grado de manipulación da TVG é tan elevado que ata o presidente da Xunta desinforma no Parlamento. Nin é a canle autonómica máis vista -o ano pasado rexistrou a peor audiencia na súa historia- nin o seu orzamento é de 90 millóns. Como non creo que minta, será que está mal informado.