Temas: AGRO TVG

Campaña en Change.org para evitar o peche dos programas O Agro e Labranza da TVG

Os impulsores din que non entenden este peche cando o presidente da Xunta anunciou a que sería a “lexislatura do rural”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/04/2017 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes puxo en marcha unha campaña na web Change.org para evitar o peche dos programas O Agro e Labranza da TVG por ser “un referente da televisión pública de calidade e o principal escaparate cotiá do noso mundo rural ante o conxunto da sociedade galega”.

Entrevista no programa O Agro da TVG
Entrevista no programa O Agro da TVG

Así, os impulsores da petición lembran que a Galicia rural e a urbana viñan contando a través de O Agro, “cunha ventá á que asomarse” para coñecer o que se está a facer de valor no agro, na gandería, na industria agroalimentaria, na artesanía, no desenvolvemento rural e no eido forestal.

“Emprendedores, xente nova, empresas familiares, novas tecnoloxías e enerxías renovables, novos procesos e produtos, artesanía, agricultura tradicional e ecolóxica, entraron nas nosas casas grazas a O Agro, permitíndonos coñecer as iniciativas de homes e mulleres que apostaban sen medo polas posibilidades do agro”, suliñan.

Ademais, explican que non se entende este peche de O Agro cando o Presidente da Xunta anunciou a que sería a “lexislatura do rural”, e nun momento de orzamento expansivo da Consellería do Medio Rural. “Sendo a maiores un programa que lonxe de producir indiferenza no público, tiña altas cotas de seguimento entre os telespectadores”, engaden.

Finalmente, critican que o programa desaparece sen ningún tipo de xustificación nin aviso previo, “cunha total falta de transparencia impropia dun medio público de comunicación”, e sen ter en conta o seu importante rol como programa vertebrador da Galicia rural e urbana, “cada día máis alleas e desconectadas unha da outra”.

Temas: AGRO TVG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Laro

Campaña en Change.org para evitar o declive de gandeiros e labregos. Ah, non. Espera...