Arden outras 210 hectáreas en dous días

Galicia está a sufrir unha das peores primaveiras que se recordan no referido aos lumes. O incendio forestal declarado o mércores no termo municipal de Avión (Ourense) queimou onte 40 hectáreas e outros dous en Rianxo e O Incio siguen activos tras queimar 70 e 100 hectáreas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2017 | Actualizada ás 10:28

Comparte esta noticia

Os incendios forestais declarados o xoves nos municipios de Rianxo (A Coruña) e O Incio (Lugo) están controlado tras queimar unhas 70 e 100 hectáreas, respectivamente.

O lume dende o aire no incendio do Incio
O lume dende o aire no incendio do Incio | Fonte: @aprafoga

O lume de Rianxo, localizado na parroquia de Isorna, que comezou ás 14,51 horas do xoves está controlado tras afectar a unhas 70 hectáreas, segundo informou este venres a Consellería do Medio Rural.

Segundo as últimas estimacións achegadas por Medio Rural, a superficie afectada en Rianxo sitúase nunhas 70 hectáreas, das cales 37 son de arborado e 33 de raso.

Mentres, no municipio lucense do Incio está controlado outro incendio forestal no que resultou ferido un traballador do servizo de extinción o xoves. Este lume, iniciado na parroquia de Trascastro, queimou unhas 100 hectáreas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta