Temas: ABANCA

ABANCA afonda nas aplicacións móbiles

Este desenvolvemento permite aos apoderados dar luz verde a operacións xeradas previamente na versión para ordenadores e que requiren a súa autorización.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/04/2017 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

ABANCA lanza unha nova aplicación para móbiles dirixida a simplificar a xestión das operacións máis habituais das empresas. A app “ABANCA. Firma Empresas”, dispoñible para terminais con sistemas operativos Android e iOS, permite aos apoderados nas contas de persoas xurídicas ou nas que se requiren varias firmas axilizar os trámites.

Abanca lanza una aplicación para operaciones de empresas
Abanca lanza una aplicación para operaciones de empresas

A app replica a caixa de correos de operacións pendentes de firma, que actualmente está dispoñible na banca electrónica empresas. Este desenvolvemento permite aos apoderados dar luz verde a operacións xeradas previamente na versión para ordenadores e que requiren a súa autorización. Nesta primeira fase incluíronse xestións tan habituais como as transferencias, as remesas de ficheiros (recibos domiciliados, nóminas ou transferencias) ou devolucións de recibos.

Os clientes de ABANCA que empregan este servizo na banca electrónica empresas xa poden descargar a app. Como é habitual, deberán acceder á tenda de aplicacións oficial do seu terminal, Google Play no caso dos móbiles Android e App Store para os smartphones equipados con iOS.

Un catálogo de aplicacións en crecemento

A nova aplicación “ABANCA. Firma Empresas” amplía a familia de solucións coas que xa conta ABANCA nos smartphones. Segundo informa a entidade nun comunicado, a banca móbil da entidade financeira é líder entre as valoracións que os usuarios deixan nas tendas de aplicacións oficiais. Unha posición que se reafirma grazas ás novidades que incorpora cada nova versión.

O catálogo de apps dirixidas a particulares complétase con ABANCA Pay, lanzada ao mercado hai algo máis dun ano. Este desenvolvemento segue crecendo entre os clientes como alternativa rápida e sinxela para realizar pagos inmediatos desde o móbil de forma gratuíta a calquera usuario bancario, sexa ou non cliente de ABANCA.

Temas: ABANCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta