Temas: INCENDIOS LUMES

Galicia rexistrou máis de 380 incendios en abril

Unha trintena dos lumes superaron as 20 hectáreas. A conselleira de Medio Rural sinala que "o pequeno accidente" dun axente forestal no Incio "quedou en nada"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2017 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou máis de 380 incendios forestais durante este mes de abril, dos cales unha trintena superaron as 20 hectáreas queimadas. A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, cualifica abril como un "mes incendiario", "non só en Galicia, senón en todo o Norte" de España.

Incendios forestais.
Incendios forestais.

A conselleira se referiu tamén ao accidente do xoves dun axente forestal producido co seu vehículo cando se dirixía a un incendio do Incio. Segundo Vázquez, foi un "pequeno accidente" que "quedou en nada" e xustificouno en que "van moi apresurados cando se avisa dun incendio", polo que pediu "seguridade".

En declaracións en Salceda de Caselas (Pontevedra), fixo un balance de "estabilidade" sobre os últimos lumes en Galicia, cos incendios de Rianxo, O Incio e Cotobade controlados, pero chama a "agardar" a como evolucionan as próximas horas, xa que "cando hai vento" é "cando máis actúan" os incendiarios.

Con todo, reitera que está en marcha un dispositivo de 3.000 persoas e 10 helicópteros, mentres pide "precaución" á cidadanía, nun período no que están prohibidas as queimas pola seca e os fortes ventos.

A isto únese que a Xunta prevé renovar 150 vehículos para persoal antiincendios mediante o sistema de 'renting' cun investimento de 11 millóns, segundo lembra.

Temas: INCENDIOS LUMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta