Visións contrapostas no Día Mundial da Seguridade do Traballo

Hoxe celébrase o Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo. Ao fío disto CCOO concentrouse fronte á sede da patronal galega para pedir a fin da reforma laboral, a Xunta presentou unha serie de medidas en Ourense e Viaqua lanza un programa de saúde para os seus empregados.

Por Galicia Confidencial | | 28/04/2017 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

CCOO denuncia que “as reformas laborais e os recortes incrementan a precariedade, e con ela os riscos de accidentes de traballo” . Así, Comisións explica que o 33% de mortes no 2016 eran persoas con menos de un ano de antigüidade. 11 delas, menos de 3 meses.

Concentración de CCOO diante da patronal
Concentración de CCOO diante da patronal

A central asegura que houbo un incremento de accidentes con baixa un 12,3% dende 2013. Para evitar esta eiva, propón medidas como “derrogar as reformas laborais que estenderon a precariedade”, reverter a reforma do marco xurídico das mutuas e reforzar os mecanismos de control.

Dende o bando institucional a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, destacou hoxe en Ourense, na inauguración da exposición Construímos seguridade da Asociación Provincial de Empresarios da Construción (ACO), con motivo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, que a nova Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo 2017-2020 da Xunta inclúe un total de 163 medidas para reducir a sinistralidade laboral e consolidar a cultura preventiva no tecido empresarial e entre os traballadores.

Por outra parte, a empresa de servizo da auga Viaqua ven de sumarse ao Programa de Hábitos Saudables de Suez Spain, que busca promocionar un estilo de vida saudable, favorecer o benestar no traballo e fomentar a participación dos traballadores. 

A campaña inclúe a promoción da alimentación sana, con consellos sobre alimentación e nutrición, e a posta en marcha de almorzos saudables a base de froita no posto de traballo; Deporte e Conciliación Familiar, a través de actividades físicas que fomenten as relacións interpersonais e a conciliación familiar; Saúde, con campañas como prevención e tratamento do tabaquismo, son os tres eixos deste compromiso como empresa na promoción dunha cultura de hábitos de vida saudables entre todos os traballadores. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta