Temas: ANGROIS

A Deputación de Pontevedra pide investigar o accidente de Angrois, pero sen buscar responsables políticos

Unanimidade para solicitar un informe técnico independente sobre as causas, pero PSOE e PP rexeitan unha comisión no Congreso

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2017 | Actualizada ás 16:22

Comparte esta noticia

O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou unha moción na que se adhire parcialmente ás peticións da Plataforma do Alvia 04155, presentada polo deputado Xosé Lois Jácome Enríquez, da Coalición electoral SON-Marea de Vigo.

Accidente de tren Alvia en Angrois (Santiago de Compostela)
Accidente de tren Alvia en Angrois (Santiago de Compostela)

Por unanimidade, todos os deputados votaron a favor de que se investigue de novo o accidente do tren en Angrois en xullo de 2013, pero só para coñecer as causas do descarrilamento no que morreron 80 persoas e resultaron feridas outras 144, sen buscar responsabilidades políticas, algo que rexeitaron os grupos provinciais de PSOE e PP.

Xosé Lois Jácome lembrou que o texto da moción é o proposto pola plataforma e non admite emendas, pero se permitiu unha votación individual de cada un do tres puntos que contempla a iniciativa.

Deste xeito, aprobouse unanimemente "solicitar ao Goberno da nación que unha comisión de expertos e técnicos independentes investiguen o ocorrido", pero PSOE e PP rexeitaron solicitar ao Executivo "a apertura dunha comisión de investigación en sede parlamentaria para establecer posibles responsabilidades políticas". O catro deputados do BNG e o de SON-Marea votaron a favor.

O portavoz popular, Luís Aragunde, expuxo que a Deputación de Pontevedra "non é o foro adecuado, ao non ter as competencias". Pola súa banda o deputado socialista Carlos López Font coincidiu en que "non ten sentido expor un debate nesta administración neste asunto". A pesar disto, populares e socialistas expresaron a súa solidariedade coas vítimas e os seus familiares.

Temas: ANGROIS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 dalle que libras

Non vaia a ser que apareza PEPIÑO BLANCO

1 Gamela

Outro papel mollado, NON GRACIAS! https://goo.gl/fSe0uy Estamos cansos de tanto postureo !!!