A Deputación de Ourense abre expediente para "determinar se existe relación" entre o xefe de Persoal e o investigado

A Deputación de Ourense abrirá un expediente informativo co fin de solicitar información e "determinar se existe algunha relación" entre o xefe de Recursos Humanos da institución provincial, José Luís Suárez, e o investigado na operación policial sobre unha suposta fraude de máis de 500.000 euros en cursos de formación, así como a súa actuación "no exercicio das súas funcións como empregado público provincial".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2017 | Actualizada ás 17:07 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Deputación de Ourense abrirá un expediente informativo co fin de solicitar información e "determinar se existe algunha relación" entre o xefe de Recursos Humanos da institución provincial, José Luís Suárez, e o investigado na operación policial sobre unha suposta fraude de máis de 500.000 euros en cursos de formación, así como a súa actuación "no exercicio das súas funcións como empregado público provincial".

O ente provincial confirmou este venres, a través dun comunicado, que incoará un expediente para "solicitar" toda a información dispoñible e "poder avaliar con coñecemento de causa" a relevancia das investigacións policiais neste caso, a efectos de "adoptar as medidas que procedan".

As dilixencias informativas correrán a cargo de Juan Marquina Fortes, vicesecretario xeral da Deputación de Ourense, que será o encargado de tomar declaración ao xefe de Persoal e Recursos Humanos.

Ademais, antes de entregar o seu informe a Presidencia, Marquina Fortes tamén poderá realizar "as dilixencias complementarias que estime oportunas", segundo indica a institución provincial.

Por parte do ente provincial defendeuse a necesidade desta procura de información "ante a posibilidade" de que os feitos investigados poidan ter algún tipo de relación co funcionamento da Deputación, dalgunha das súas unidades administrativas ou coa actuación de empregados públicos provinciais.

A INVESTIGACIÓN

A investigación, iniciada en 2015, destapou unha trama ideada polo responsable dun centro de estudos situado no centro da cidade, pero que xa non existe, para obter de forma fraudulenta subvencións públicas; burlando as condicións e requisitos esixidos por lei mediante falsidades e enganos.

Varias das persoas investigadas sinalaron a existencia de "un contacto na Deputación" que colaboraba co propietario do centro de estudos para introducir nesta entidade a determinados alumnos. Tamén aseguraron que a algúns destes alumnos chegóuselles a ofrecer unha praza na Deputación pagando ata doce mil euros.

Este xoves na Comisaría da Policía Nacional, o xefe de Persoal da Deputación recolleu unha notificación na que se lle comunicaba que estaba investigado por un suposto delito de suborno, en relación á investigación por suposto fraude en cursos de formación dun centro de estudos de Ourense.

Por mor deste operativo a Policía Nacional detivo a cinco persoas por falsidade documental, contra a facenda pública e a Seguridade Social, contra a Administración pública e por branqueo de capitais, estafa e suborno.

Outras dúas persoas, entre as que se atopa o xefe de Persoal da Deputación e alcalde de Monterrei, José Luís Suárez, atópanse como investigadas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta