(CORR) A Deputación da Coruña rexeita financiar o plan de modernización do transporte da Xunta

(Atención, abonados. Esta noticia substitúe á anterior co mesmo titular por un erro na votación, no cuarto parágrafo. Rogamos desculpen as molestias)

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2017 | Actualizada ás 19:59 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña rexeitou, no pleno celebrado este venres, a proposta do PP de que esta institución contribúa economicamente a financiar o plan de modernización do transporte da Xunta ao considerar que se trata dunha competencia autonómica.

En concreto, a moción solicitaba a "participación activa e implicación orzamentaria" da Deputación na "modernización do transporte público", segundo expuxo o portavoz do PP no organismo provincial, Agustín Fernández, na defensa dun texto que contou co voto en contra do PSOE, o BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños.

Con todo, o goberno provincial defendeu a creación dun marco de diálogo, pero precisando que o financiamento corresponde á Administración autonómica.

Por outra banda, o pleno aprobou, coa abstención do PP, unha moción presentada polos grupos de Marea Atlántica e Compostela Aberta para rexeitar "o intento do goberno de interferir na autonomía municipal" a través dos orzamentos.

Así mesmo, ínstase á Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) a pronunciarse a favor de que "se respecte a autonomía local dos concellos á hora de decidir como se prestan os servizos".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta