Temas: COMERCIO

Protesta contra os despedimentos en Eroski

As centrais CIG, CGT e UGT mobilizáronse o venres polas rúas de Vigo para rexeitar a vaga de despedimentos que o grupo Eroski está a levar a cabo en distintos establecementos da cidade.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/04/2017 | Actualizada ás 15:52

Comparte esta noticia

Nesta ocasión, tras as concentracións celebradas con anterioridade, a protesta consistiu nunha manifestación dende un dos supermercados da marca na Travesía de Vigo até a zona do Troncal, onde se atopan as oficinas centrais da compañía.

Protesta contra os despedimentos en Eroski
Protesta contra os despedimentos en Eroski | Fonte: CIG

A marcha arrincou do Eroski situado no número 44 da Travesía de Vigo ás 11.00 horas e rematou case hora e media despois fronte ás oficinas centrais da empresa vasca, situadas na zona do Troncal, a carón do centro comercial da Travesía.

Tanto durante o percorrido como unha vez diante das oficinas berráronse consignas contra a represión laboral e os despedimentos e reclamouse a readimisión dos oito traballadores/as afectados/as. Con esta protesta os sindicatos danlle continuidade ao calendario de mobilizacións iniciado tempo atrás.

Temas: COMERCIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 eusi

O q tiñan que facer moit@s que traballan no Eroski é aprender a tratar ben aos clientes. Noutros supermercados atenden con amabilidade e cara de rir sempre. Agora quéixanse...