A plataforma contra a liña de alta tensión nas Mariñas rexeita o plan de Rede Eléctrica Española

A plataforma 'Non liña de alta tensión nas Mariñas' celebrou este sábado pola mañá a súa primeira comparecencia pública para solicitar á Xunta que "utilice os mecanismos ao seu alcance para frear a agresión" que, ao seu xuízo, supón o plan de Rede Eléctrica Española (REE).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2017 | Actualizada ás 19:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A plataforma 'Non liña de alta tensión nas Mariñas' celebrou este sábado pola mañá a súa primeira comparecencia pública para solicitar á Xunta que "utilice os mecanismos ao seu alcance para frear a agresión" que, ao seu xuízo, supón o plan de Rede Eléctrica Española (REE).

Este plan, tal e como relatou dita plataforma nun comunicado, consiste en "instalar unha subestación en Abegondo e tirar un tendido de torres de alta tensión ata a cidade da Coruña".

En consecuencia, Marta Galán, en nome da plataforma, pediulle á Xunta que "actúe coa responsabilidade que debe ter en defensa do territorio".

A continuación, Galán sinalou que os plans de Rede Eléctrica Española "contemplan a construción dunha subestación nun monte próximo ao encoro de Beche e un tendido duns 30 quilómetros con liñas de 220 kv e 440 kv, cun trazado que afectaría a seis concellos da comarca".

Así mesmo, dito plataforma advertiu que a construción da devandita infraestrutura podería buscar "reforzar as conexións fronteirizas da rede e utilizalas para evacuar máis enerxía do país".

"Por tanto, non é nada que vaia a repercutir na calidade do servizo aos veciños, senón que é un negocio en base á explotación e exportación da enerxía con altos custos ambientais", explicou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta