Ferido un motorista nun circuíto das Neves (Pontevedra) durante unha proba de motocrós

Unha persoa resultou ferida logo de sufrir un accidente coa moto que pilotaba no circuíto de Taboexa, situado nas Neves (Pontevedra), que acolle este fin de semana unha proba do Campionato de España de Motocrós.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2017 | Actualizada ás 18:29 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida logo de sufrir un accidente coa moto que pilotaba no circuíto de Taboexa, situado nas Neves (Pontevedra), que acolle este fin de semana unha proba do Campionato de España de Motocrós.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, a central de emerxencias tivo constancia do accidente ao redor das 11,00 horas deste domingo.

A organización do evento conta con recursos asistenciais no propio circuíto. No entanto, o 112 decidiu enviar unha ambulancia ao lugar e informar á Garda Civil do suceso.

ACCIDENTE EN QUAD

Por outra banda, unha persoa resultou ferida na mañá do domingo tras sufrir un accidente mentres circulaba en quad nunha pista forestal na zona de Brins, en Santiago.

O 112 recibiu unha alerta de Urxencias Médicas ás 12:30 horas, polo que informou o suceso aos Bombeiros de Santiago, a Protección Civil, á Policía Local, á Garda Civil e a Garda Civil de Tráfico.

Debido ás condicións do terreo, o accidentado foi trasladado polos seus compañeiros ata o punto no que esperaban os medios sanitarios, que o trasladaron ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta