A alcaldesa de Lugo recoñece que bota "en falta" o partido e que a ausencia de órganos de dirección "afecta" ao PSdeG

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recoñeceu que bota "en falta" o partido e que a ausencia de órganos de dirección "afecta" ao PSdeG: "Que estamos nunha mala época é evidente", admitiu, para logo opinar que hai que axilizar e acurtar os prazos ao máximo despois do proceso de primarias que está a vivir o partido a nivel estatal.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2017 | Actualizada ás 19:07 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recoñeceu que bota "en falta" o partido e que a ausencia de órganos de dirección "afecta" ao PSdeG: "Que estamos nunha mala época é evidente", admitiu, para logo opinar que hai que axilizar e acurtar os prazos ao máximo despois do proceso de primarias que está a vivir o partido a nivel estatal.

A vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez
A vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez | Fonte: Europa Press

Tendo en conta que o congreso federal será en xuño, Lara Méndez considera, tal e como expresou nunha entrevista en Cadena Ser, que as primarias e o congreso en Galicia deben ter lugar "á volta do verán".

Desa maneira, entende que os socialistas poderán volver a ter un líder e un discurso, pois considera que as xestoras están pensadas para ser temporais e conducir ao partido ata un congreso. Por iso, lamenta que as circunstancias que se deron atrasasen a elección dos órganos de dirección.

Tras ser cuestionada, a alcaldesa non se pronunciou sobre se o partido en Galicia está a esperar ao exsecretario xeral do PSdeG José Ramón Gómez Besteiro: "O PSOE non espera a ninguén e conta con todos", aseverou, ao mesmo tempo que recoñeceu a valentía daqueles que se atreven a dar un paso adiante.

A rexedora lucense mostrouse moi coidadosa á hora de analizar o modelo de PSOE que hai que pór en marcha a partir das primarias e o congreso. E é que, debido á súa posición institucional, non quere interferir no proceso aberto e declárase neutral. No entanto, cre que "todos" deben apoiar ao novo secretario xeral e "buscar a unión ao día seguinte desas primarias".

Sobre as revelacións sobre presunta corrupción que se foron coñecendo estes días no seo do PP, Lara Méndez non cre que a resposta do PSOE estea a ser morna, e considera que se trata dun "problema estrutural" que o partido de Mariano Rajoy debería solucionar.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta