Tres feridos nun incendio nunha vivenda de Ferrol

Tres persoas resultaron feridas nun incendio declarado nunha vivenda na tarde deste domingo en Ferrol, segundo informou a Central de Coordinación do 061 Urxencias Sanitarias de Galicia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2017 | Actualizada ás 19:23 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas nun incendio declarado nunha vivenda na tarde deste domingo en Ferrol, segundo informou a Central de Coordinación do 061 Urxencias Sanitarias de Galicia.

O suceso tivo lugar este domingo ao redor das 14,30 horas e ata o lugar mobilizáronse tres ambulancias asistenciais e outra medicalizada, todas elas do servizo de Urxencias Sanitarias 061.

Os feridos, dous homes de 27 e 47 anos, respectivamente, e unha muller de 71 anos, foron trasladados aos hospitais ferroláns Juan Cardona e Arquitecto Marcide.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta