Temas: CINEMA

Samsung roda un anuncio en Lalín

Até 40 pesoas traballan esta fin de semana na Capital do Deza para filmar unha promoción da famosa marca surcoreana que se emitirá en todo o mundo.

Por GC Tendencias | Lalín | 30/04/2017 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

O Concello de Lalín informa da gravación do spot que a compañía coreana, Samsung, está a realizar no edificio consistorial. Un equipo composto por máis de 40 persoas e dirixido por In Baek, como productora da axencia de publicidade Cheil e Víctor Mínguez, como produtor da produtora Team Works Spain, está rodando durante esta fin de semana, botando man dun "enorme despregue tecnolóxico e loxístico".

Rodaxe dun anuncio de publicidade de Samsung en Lalín
Rodaxe dun anuncio de publicidade de Samsung en Lalín

O obxectivo é filmar un vídeo promocional dun novo produto desta faamosa multinacional da tecnoloxía, que durará uns 18 segundos. Samsung escolleu este dificio debido á escaleira helicoidal do consistorio. O municipio presume de que o anuncio será emitido a nivel mundial, tanto en televisión como en internet.

O concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, sostén que "a rodaxe deste anuncio vai servir como carta de presentación inigualable do Concello de Lalín e, ao mesmo tempo, terá repercusión socioeconómica na vila".

Temas: CINEMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta