Temas: MúSICA

De Vacas recupera éxitos "venerados polas masas e maltratados pola historia"

A formación galega repasará con moito gusto e un toque moi persoal algún dos grandes rebentapistas das últimas décadas. Vídeo no interior.

Por GC Tendencias | Pontevedra | 02/05/2017 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

“Detrás de cada canción mala hai un corazón que queremos reivindicar”, a segura De Vacas, unha formación galega que ten como esencia, como leitmotiv, a reinterpretación dos grandes éxitos aclamados polas masas e maltratados pola historia. O seu orixinal punto de vista da música poderá escoitarse proximamente sobre o escenario do teatro Principal de Pontevedra.

De Vacas
De Vacas

As entradas para o Ciclo As Matinés do Teatro Principal de  Pontevedra xa están a venda en Ataquilla.com. O concerto será este sábado 6 de maio a partir das 12.00 horas. As entradas valen 12€ anticipada e 14€ en billeteira.

De Vacas é un cuarteto musical de guitarra e tres voces que realiza versións deses grandes “hits” que todo o mundo ten bailado ou tarareado: Spice Girls, Enrique Iglesais, Michel Teló o Gangnam Style son algúns dos grupos que se atopan no repertorio da formación galega.

Este grupo está causando sensación con “eses temazos que marcaron as nosas tardes de domingo na discoteca” e que rescatan para todos os públicos cun formato fresco e divertido co que emocionarse e rirse a partes iguais. Velaquí a súa versión do Singles Ladies de Beyoncé:

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta