Multan a unha parella por botar un polbo nun andén de Compostela

Nestes momentos trátase de identificar á parella por medio das gravacións de ADIF.

Por GcToday | Santiago de Compostela | 07/05/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O incidente que acontecía na mañá de onte chamou a atención de usuarios do ferrocarril e traballadores da propia estación, posto que non é moi común ver esta clase de animal no centro da capital galega.

Fotomontaxe do polbo no andén da estación de ferrocarril de Compostela
Fotomontaxe do polbo no andén da estación de ferrocarril de Compostela | Fonte: Tempos Galegos

Unha parella do redor dos 30 anos, segundo as testemuñas, chegaban a estación de tren de Santiago de Compostela, e sobre ás 11h da mañá botaban un polbo no andén, preto das vías. O animal que, xa se atopaba morto no momento do suceso, podería ter sido sutraído nunha das pescaderías da praza de abastos.

A policía investiga agora, con axuda de ADIF, para dar coas persoas que protagonizaron este acto vandálico, e desde a subdelegación do goberno descártase que os autores teñan relación coa morte do polbo Paul anos atrás.

Desde o propio Concello de Compostela afirman que esta non é unha practica habitual na cidade, pero estarán alerta por se volve acontecer algún caso semellante.

Tags: #Humor
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 eusi

Multa? deberian ir ao cárcere... Estragar un polbo así, co bo que está á feira, ou en caldeirada, ou empanada... Está visto que cando a xente non fode, non bota ferretes, foguetes, etc fai barrabasadas así.